7 mar 2010

REUNIÓN DE PARTENALIA NO COMITÉ DAS REXIÓNS EN BRUSELAS

Este xoves e venres estiven en Bruselas, participando na sinatura dos estatutos da Rede Europea Partenalia e na reunión do Consello Político do que forma parte a Deputación de Ourense. Esta é a nota de prensa que resume a nosa presenza en Bruselas. Tamén visitamos a Fundación Galicia Europa e mantivemos un encontro de traballo coa Directora e persoal técnico.


SINATURA POR PARTE DA DEPUTACIÓN DE OURENSE DOS ESTATUTOS DA REDE PARTENALIA NO COMITÉ DAS REXIÓNS EN BRUXELAS

A rede Partenalia, coa sinatura dos estatutos que a constitúen como Asociación Internacional con personalidade xurídica, culmina o seu proceso de actualización para facer fronte os novos retos das súas administracións. A Deputación de Ourense está representada polo seu vicepresidente, Moisés Blanco.

A rede Partenalia, única rede que aglutina a Autoridades Locais Intermedias de Europa, constituíuse hoxe en Bruxelas en Asociación internacional con personalidade xurídica propia co acto de sinatura no Comité das Rexións por parte dos diferentes representantes dos 23 socios de 6 países (España, Francia, Italia, Bélxica, Países Baixos). Tódolos socios son administracións intermedias con ámbitos e competencias semellantes ás provincias españolas. Proba da influencia que pode ter esta rede na Unión Europea a nivel local son a participación de socios como a Deputación de Barcelona, Provincia de Roma (Italia), Provincia de Turín (Italia), Provincia de Bruxelas Capital (Bélxica), etc.

Logo da sinatura, o representante da Deputación de Ourense, o vicepresidente 2º, Moisés Blanco, fixo no seu discurso mención ós novos retos que teñen que asumir as administracións intermedias asi como mostrou satisfacción pola posta en marcha de iniciativas de gran visibilidade para nas nosas administracions desde os grupos da red Partenalia. Xa que desde esta rede é importante demostrar á Unión Europea que as administracions intermedias poden desempeñar un importante rol nos obxectivos marcados pola Unión, apoiando iniciativas cuxo obxectivo final sexa crear unha economía dinámica basada no coñecemento, cun crecemento económico sostible e unha maior cohesión social

O evento contou coa participación de destacados poñentes das institucións europeas (Parlamento Europeo, Comité das Rexións, etc.) e administracións locais intermedias que intercambiaron ideas cos asistentes sobre o papel destas ultimas no futuro da unión Europea.

A rede Partenalia representa os intereses das Autoridades Locais Intermedias a nivel europeo e ofrece un marco privilexiado para promove-la innovación e o intercambio de experiencias a nivel internacional e o desenvolvemento de proxectos comúns en Europa. Proba desto ultimo e a posta en marcha por parte da rede da realización dunha guía para coñecer iniciativas innovadoras en diferentes países europeos para transferilas experiencias ás diferentes provincias por parte dos socios a través de proxectos futuros da rede que teñen como fin a realización de iniciativas para promove-la innovación nas PEMES e na Administración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario