23 mar 2010

O PP critica ao concello de O Barco pola sucidade e falta de hixiene no casco vello

O Partido Popular de O Barco, critica ao Concello de O Barco pola falta de limpeza viaria no Casco Vello de O Barco, así como pola noxenta imaxe que presentan os contedores de lixo dada a escasa frecuencia coa que se limpan e se recolle o lixo que acumulan.

“A isto podiamos sumarlle que todos os veciños e especialmente os locais comerciais víronse moi prexudicados pola nula planificación á hora de executar as distintas obras no barrio: moitos meses de charcos, barro, dificultades para acceder ás súas vivendas, perda de clientes”, explica Moisés Blanco, que engade que agora, aínda por riba, parece que o concello “ségueos castigando coa falta de limpeza e falta de hixiene nas beirarrúas, provocando insalubridade e un mal cheiro insoportable”.

Asemade, o pavimento polo que transitan os vehículos non escapa a sucidade: presenta numerosas manchas de aceite dos vehículos e acumula obxectos e lixo pola falta dun axeitado mantemento de limpeza. “Todas las rúas e barrios de O Barco merecen un tratamento igualitario de recollida de lixo e limpeza, e o casco vello necesita dunha atención especial se o que verdadeiramente queremos é apostar polo seu desenvolvemento e recuperación económica”, afirma Moisés Blanco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario