27 mar 2010

O CONCELLO DE O BARCO DESTINOU MÁIS DA METADE DO SEU PRESUPOSTO A GASTOS DE PERSOAL

• O portavoz do PP barquense, Moisés Blanco, di que o alcalde de O Barco “practica o cinismo político” porque critica a outras institucións de facer o mesmo que fai el “pero aumentado en porcentaxe”.

O portavoz do Partido Popular no Barco de Valdeorras, dixo que o alcalde de O Barco practica “o cinismo político” porque acusa a outras institucións de facer algo que el fai “pero aumentado en porcentaxe”. Esta afirmación refírese ao dato revelado polo propio Moisés Blanco de que o Concello de O Barco destina máis da metade do seu presuposto a pagar gastos de persoal. En concreto, o gasto de persoal representa o 53,46% do presuposto total, experimentando un forte incremento en máis dun 6,5% con respecto o ano anterior, segundo datos de 2008.

Estes datos, “proceden das Contas Xerais relativas aos exercicios 2006, 2007 e 2008, presentadas recentemente polo Concello de O Barco con anos de retraso. “Como xa é norma habitual neste concello dende que goberna o PSOE, presenta as contas fóra de prazo, con informes desfavorables e incumprindo todo tipo de leis e normas reguladoras”, explica o portavoz Popular, que engade que “ao facelo así con retraso dificulta o estudo e a análise dos datos”, e pregúntase “qué sentido ten saber o que pasou en 2006 se se presentan os resultados 4 anos despois e xuntamente cos datos de 2008?”.

Moisés Blanco sinala tamén que descende o grao de execución das "obrigas recoñecidas”, e prodúcese unha "perda na fiabilidade dous ingresos", que son insuficientes para atender os gastos estables, sendo o peor dato desde o ano 2003.

No hay comentarios:

Publicar un comentario