7 mar 2010

O ALCALDE DE O BARCO CHEGA TARDE OA TREN DAS NOVAS TECNOLOXÍAS E COPIA PROPOSTAS DO PP


O portavoz do Partido Popular no Concello de O Barco, Moisés Blanco, afirma que o alcalde socialista, Alfredo García, “chegou tarde ao tren das novas tecnoloxías, pero o máis importante é que lle nega esa modernización aos veciños de O Barco, pois o noso municipio é un dos poucos da provincia que non participa no programa dos Telecentros, impulsado pola Deputación de Ourense que pretende achegar as novas tecnoloxías os núcleos rurais”.

Moisés Blanco considera que o alcalde de O Barco “ademais de vivir de costas ás novas tecnoloxías da comunicación copia descaradamente as propostas do Partido Popular, pois no debate dos presupostos do 2005 e 2007 xa propúñamos a dotación de equipos informáticos nos centros sociais do rural”. Así mesmo tamén o comtemplábamos no noso programa electoral. O portavoz popular lembra a denuncia formulada fai un ano debido “á misteriosa desaparición” de equipos informáticos no que ía ser o Telecentro de O Barco. “Daquela, os técnicos da Deputación non puideron instalar o telecentro porque os ordenadores habían desaparecido, e os barquenses quedáronse sen poder disfrutar deste servizo, mentres que o alcalde cedeu gratuitamente estes equipos informáticos a quen lle deu a gana”.

En opinión de Moisés Blanco a actuación de Alfredo García constitúe tamén unha “deslealdade institucional ao desprezar á Deputación de Ourense que lle ofrecía este servizo. Con esta actitude, o alcalde duplica servizos, gastos e rexeita a axuda e colaboración institucional”.
Precisamente, a Diputación puxo en marcha un sistema a través de Internet para facilitar a realización de trámites burocráticos nos núcleos rurales da provincia. A iniciativa que se denomina “Tam Tam Vai” serve como complemento aos 88 telecentros que a Diputación promoveu para convertirlos en auténticas Oficinas Electrónicas da Deputación ao servizo do cidadá.

No hay comentarios:

Publicar un comentario