20 mar 2010

NOVO PLAN DE INVESTIMENTOS PARA O BARCO E A RÚA



Xunto ao meu compañeiro Avelino García, o Secretario e o Presidente Provincial do PP mantivemos unha reunión co Director Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería de Medio Rural Antonio Crespo.

Os condicionantes impostos pola Lei de desenvolvemento sostible, aprobada polo goberno de Zapatero, impediron que os concellos de A Rúa e O Barco de Valdeorras recibiran fondos para acometer infraestructuras nos terrenos adicados á producción vitivinícola.

A xuntanza servíu para desbloquear a situación plantexada nos nosos concellos, e asumir a Xunta a elaboración futura dun plan específico de investimentos para O Barco e A Rúa, concretado xa nas peticións cursadas polas corporacións locais e aprobadas por unanimidade.
Temos que amosala nosa satisfacción polo novo escenario tralo compromiso do goberno autonómico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario