22 jul 2009

O PP DESTAPA AS IRREGULARIDADES COMETIDAS POLO CONCELLO DE O BARCO NAS OBRAS DO PAVILLÓN E DA RÚA CORUÑA

· Decrétase a suspensión da tramitación dos expedientes por existir “reparos” na fiscalización.

· Moisés Blanco afirma que novamente, en poucos meses, danse anomalías nas obras do concello.

· As dúas obras forman parte dun expediente de “recoñecemento extraxudicial de crédito”.

O Barco, 21 de xullo de 2009.- O portavoz do Partido Popular en O Barco, Moisés Blanco, ven de destapar dúas novas irregularidades cometidas polo Concello socialista de O Barco nas obras de acondicionamento do pavillón de deportes e na urbanización da rúa Coruña. En concreto, trátase de irregularidades de fiscalización, polo cal Intervención do concello decretaba a suspensión da tramitación dos expedientes ata que se regularicen “os reparos” detectados na fiscalización das obras
Segundo o portavoz do PP no Barco, Moisés Blanco, as obras forman parte dun expediente de "recoñecemento extraxudicial de crédito" presentado paralelamente aos presupostos municipais, e supoñen dúas novas irregularidades en poucos meses, na xestión e tramitación de obras no Concello de O Barco”. Nesta ocasión a anomalía detectada polos técnicos municipais fai referencia a que a liquidación das obras emitiuse “con moita antelación á finalización do período de garantía”, e o informe de Intervención conclúe: “Non se cumpriu o establecido nas disposicións aplicables en materia de liquidación do contrato de obras”. .(a liquidación so procede unha vez finalizado o prazo de garantía, 1 ano, e non antes)

Outra irregularidade detectada nas obras refírese, segundo o informe, a que “non consta” que o contratista abonase os gastos do expediente; nin tampouco consta a publicidade da adxudicación no Boletín Oficial da Provincia, “requisito para todas as adxudicacións cun importe superior a 60.101,21 euros (168.900 euros no expediente do pavillón e 203.500 euros na obra da rúa Coruña)”, sinala o informe.

Finalmente, o informe de Intervención revela que se produciron “excesos” que superan o 10% do prezo do contrato, e sinala que a dirección de obra “debeu informar con antelación sobre as modificacións”. E dicir, por qué unhas determinadas unidades de obras se executaron e outras quedaron sen efecto, sen que se teña producido o correspondente modificado de proxecto como indica al lei.

Considera Moisés Blanco que o alcalde socialista de O Barco “presentou ao pleno, un ano máis, para a súa aprobación un recoñecemento extraxudicial de crédito que supera os 580.000 euros, aumentando con respecto a exercicios anteriores en 220.000 euros, máis dun 38%, o que deixa entrever novamente o descontrol no gasto”. Expediente que serviu ademais para tratar de camuflar as irregularidades destas dúas obras.
O portavoz popular considera que isto “é o máis vergoñento que vin nos seis anos que levo no concello, o que, ao igual que o presuposto no seu conxunto, conta cun informe de fiscalización completamente demoledor, levantado, unicamente, cos votos favorables do PSOE”.

Neste senso, engade Moisés Blanco que no informe revélase que o Concello de O Barco fixo os gastos sen dispoñer do crédito adecuado nin suficiente. “580.000 euros son moitos cartos, e isto supón unha presión engadida sobre o gasto corrente, restando posibilidades para a execución doutros gastos moi necesarios para os veciños de O Barco”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario