8 jul 2009

A COMARCA DE VALDEORRAS RECIBE DA DEPUTACIÓN 252.000 EUROS PARA A MELLORA DE ESPAZOS PÚBLICOS

A comarca de Valdeorras, en concreto os concellos de O Barco, Viana do Bolo e A Rúa, recibirán da Deputación provincial de Ourense un investimento de 252.000 euros para realizar obras de mellora en espazos públicos, que permitirán acondicionar rúas, suprimir barreiras arquitectónicas e levar a cabo melloras medioambientais.Así o confirmou o vicepresidente da institución e deputado por Valdeorras, Moisés Blanco, quen afirmou que este orzamento –que ven de aprobar a Deputación na pasada xunta de goberno- enmárcase no Proxecto “Delorur”, que ten coma obxectivo o desenvolvemento rural e urbano das comarcas do oriente ourensano.
“Principalmente o proxecto contempla 5 eixes coma son o de fomento da sociedade da información, a promoción económica, a mellora do contorno natural, a mellora da accesibilidade e a protección do patrimonio cultural”, explica Moisés Blanco.En concreto, no concello de O Barco de Valdeorras as subvencións que concede a Deputación irán destinadas á supresión de barreiras arquitectónicas no antigo edificio consistorial, para o cal se destina unha partida de 44.113 euros; e tamén se instalarán illotes soterrados (contenedores de lixo soterrados) no núcleo urbano, obra que se realizará cunha partida de 39.936 euros.Viana do Bolo é outro dos concellos beneficiados con estas axudas, que irán destinadas á pavimentación das rúas San Román, Bolado e Santa Marta, para o cal se adican 84.000 euros.
Finalmente, o Concello de A Rúa recibirá tamén da Deputación unha subvención de 84.000 euros para a mellora do espazo público e mellora do medio ambiental e paisaxístico de “O Aguillón”.Moisés Blanco considera que estes proxectos “permitirán facer máis accesibles e agradables os contornos públicos para os veciños destes concellos, para o cal a Deputación de Ourense pon especial acento nas melloras medioambientais e na eliminación das barreiras arquitectónicas, para favorecer a mobilidade e a calidade do medio ambiente”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario