2 oct 2010

RECLAMANDO UNHA INVERSIÓN XUSTA PARA VALDEORRAS

Hoxe pola mañá recibimos en o Barco ao Presidente Provincial do PP de Ourense, José Manuel Baltar, e ao Deputado Nacional, Celso Delgado. Acompañados por un grupo de militantes e simpatizantes do partido, deplazámosnos ata a estrada N-536, á altura de Millarouso, para ofrecer unha rolda de prensa tras coñecer o proxecto de lei de presuopostos do Estado para 2011.
Falamos do maltrato presupuestario e dos importes insuficientes que reciben todos os proxectos que preocupan aos valdeorreses como: a Circunvalación de O Barco(enlace entre la N-536 y N-120) que recibe a cantidade de 134,100€, a autovía A-76 15.040€, Línea de Alta Velocidad Monforte-Valdeorras-Ponferrada 81.380€, e o Plan Pizarras(2007-2013) 0 €.




Puxemos o acento especialmente na circunvalación, denunciando a parálise que sofre este proxecto do Ministerio de Fomento que se iniciou no ano 2003 e que os socialistas ralentizaron e que non avanzou nada desde o 19 de maio de 2009, data na que se aprobou o seu estudo informativo.

O certo é que levamos máis de dezaseis meses esperando a que se licite o proxecto deste viario de 5,7 km de lonxitude que permitiría desconxestionar a circulación e eliminar o paso de vehículos pesados polo centro do Barco.
Urxe unidade de acción, e que todos xuntos poidamos alzala voz para decir con claridade e firmeza que: !xa está ben de tomarlle o pelo a Valdeorras!

No hay comentarios:

Publicar un comentario