27 oct 2010

OS DEPUTADOS POPULARES NO CONGRESO PRESENTARON VARIAS ENMENDAS A FAVOR DE VALDEORRAS

Das enmendas do Grupo Parlamentario Popular aos PGE para 2011 os deputados ourensáns destacan a que pretende derrogar a conxelación das pensións e permitir así que os 109.083 pensionistas de Ourense poidan ver revalorizada a súa pensión nun 1%.

Tamén cas súas enmeddas o GPP aposta por unha reforma laboral que saliente a generalización do contrato para o fomento do emprego, maior flexibilidade interna da empresa e mellorar a negociación colectiva e tamén reclama un plan de emprego especial para os mozos. É necesario recordar neste apartado que en setembro había en Ourense 23.867 parados dos que 2.337 eran menores de 25 anos.

Dadas as circunstancias excepcionais deste ano, o GPP pide que se devolvan ao Ministerio de Fomento os orzamentos para, entre outras cuestións, que as obras que afectan a Ourense e que a continuación se especifican sexan reprogramadas de acordo coa súa situación e necesidades reais:


ALTA VELOCIDADE.-

Lubián-Ourense; Ourense- Lugo; Ourense-Vigo, por Cerdedo; e Ponferrada -Valdeorras- Monforte de Lemos.
Reclamamos tamén que os orzamentos contemplen partidas para a estación intermodal de Ourense e o financiamento necesario para que a chegada da alta velocidade á terceira capital galega fágase atendendo ás demandas cidadás mediante o soterramento de vías.


INFRAESTRUTURAS VIARIAS.-

Desde o GPP demándase ao Ministerio que acredite a posibilidade de pór en marcha todos os tramos da rede viaria que se sinalan e que se atopan en situacións de grave atraso e, no caso de Ourense, solicítase, ademais, que sexan reprogramadas de acordo coa súa situación e necesidades reais, entre outras, as seguintes vías:


AUTOVIAS e ESTRADAS

A-76. Ourense-Valdeorras-Ponferrada e A-56 Guntin-Ourense.

Entendemos tamén que, no medio urbano, deben reprogramarse as consignacións previstas para a Circunvalación Norte de Ourense, así como a Circunvalación do Barco de Valdeorras.

Igualmente, reclamaron unha partida para a promoción do Turismo Termal con tanta incidencia na nosa provincia.

Dentro de actuacións do Ministerio Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño, enmendamos para que se reprogramen as cantidades previstas para o Saneamento e a Depuración na provincia de Ourense e a ampliación da EDAR e, sobre todo, para que aparezan actuacións no Plan Lousas 2007-2013, o gran esquecido do Goberno nestes orzamentos.

Tamén no caso do Ministerio de Cultura pídese especialmente apoio orzamentario para o Arquivo, a Biblioteca Pública de Ourense, e o Santuario das Ermidas en O Bolo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario