29 sept 2010

MÁIS DEPORTE, MÁIS...

A DEPUTACIÓN, PREMIO Á MELLOR XESTIÓN DEPORTIVA DE CARÁCTER PÚBLICO

O xurado dos premios “Galicia” á xestión deportiva, que convoca a Asociación Galega de Xestores Deportivos, acaba de conceder á Deputación de Ourense o premio á “mellor entidade pública galega”.

Así o recolle a acta do xurado, reunido na cidade da Coruña e que estaba integrado por representantes da propia asociación, representantes das universidades de Vigo e A Coruña, do Colexio Galego de Lincenciados en Educación Física, da Federación de Prensa Deportiva e da Fundación Deporte Galego.


BALTAR, MEDALLA CENTENARIO DA FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL

O presidente da Deputación, José Luis Baltar Pumar, recibíu onte a medalla “Centenario” da Federación Galega de Fútbol polo seu apoio a este deporte a nivel provincial.

O acto de entrega tivo lugar no Centro Cultural da Deputación e respondeu a unha petición do delegado provincial da Federación, José Luis Cachaldora.

A distinción foi entregada polo Secretario Xeral da Federación, Diego Batalla. Este dixo que “o apoio da Deputación foi sempre total”.


No hay comentarios:

Publicar un comentario