8 sept 2009

O ALCALDE DE O BARCO AUTORIZOU O PAGO DA INSTALACIÓN DUNHA PISTA POLIDEPORTIVA SEN QUE ESTA SE LEVE A CABO

O portavoz do Partido Popular en O Barco de Valdeorras, Moisés Blanco, denuncia unha nova irregularidade cometida polo alcalde de O Barco, Alfredo García, quen autorizou o pago dunha factura correspondente a o contrato de subministro e instalación dunha pista polideportiva en A Cerámica, “antes de coñecer se tería autorización para poder instalala”. Moisés Blanco cualifica de “irresponsable e contraria a todo correcto proceso administrativo” a actuación do alcalde, “posto que existe un informe “demoledor” do interventor do Concello de O Barco, no que ademais de amosarse disconforme coa autorización dictada polo alcalde, lembraba que aínda faltaban documentos necesarios para que a aprobación da construción da pista polideportiva puidese ser unha realidade.

Moisés Blanco afirma que entre as irregularidades descritas nos informe de Intervención figuran o feito de que non consta a documentación acreditativa de que o licitador proposto como adxudicatario estivese ao corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. Tampouco constan nin a formalización do contrato de subministro nin a constitución da garantía definitiva polo adxudicatario. Así como tampouco consta a acta de recepción do subministro nin que os bens obxecto foran entregados no tempo e no lugar fixados. Considera o informe de Intervención que estas e outras irregularidades motiva “a emisión do reparo suspensivo” do expediente.

Este proceder administrativo constitúe unha grave irregularidade por parte do alcalde porque, segundo Moisés Blanco “mentres o proxecto carece de importante documentación, ten o informe desfavorable de Intervención e se estaba á espera do informe arqueolóxico (sen saber cal sería o resultado) o alcalde, a través de resolución da Alcaldía, paga a pista polideportiva, sen ter a seguridade de que podería ser instalada para disfrute dos veciños”.

Explica Moisés Blanco que a realidade é que os xóvenes do entorno de “A Cerámica” non puideron disfrutar durante todo o verán da nova pista nin tampouco da antiga porque estivo ocupada con terra. É tan grave como iso é que a nova pista, logo de ser xa pagada hai catro meses, a día de hoxe está sen instalar. Esta é unha mostra máis das numerosas deficiencias e irregularidades que presiden á xestión do alcalde socialista de O Barco”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario