22 sept 2009

NON DESAPARECE A ÁREA SANITARIA DE VALDEORRAS

· Os Populares ratifican o seu compromiso co mantemento e incremento dos servizos sanitarios
· A Xunta de Galicia nunca plantexou a supresión da Área Sanitaria de O Barco
· Os Populares critican que se queira politizar un tema sanitario creando unha polémica estéril na sociedade

O Partido Popular de Ourense afirma que a Área Sanitaria de Valdeorras continuará mantendo a mesma denominación, porque isto non é un problema de nomenclaturas senón de buscar a mellor asistencia sanitaria. Os Populares afirman que a Xunta de Galicia nunca se plantexou suprimir a Área Sanitaria de Valdeorras, e critican que se queira politizar un tema tan importante e de interese xeral coma é o sanitario, creando unha polémica estéril na sociedade.

Ante as informacións que se están difundindo e que poden confundir á poboación o Partido Popular de Ourense quere deixar claro que o modelo de xestión sanitaria que a Consellería de Sanidade quere implantar só busca a mellor xestión sanitaria, permitindo a cordinación entre a atención primaria e a especializada, con integración asistencial entre ambos niveis.

O PP de Ourense ante esta interesada e parcial polémica en contra dos cidadáns de Valdeorras afirma que a Área Sanitaria continuará chamándose igual, xa que a cuestión non é a demarcación xeográfica, senón a imprantación dun modelo de xestión máis áxil, eficiente e operatIvo en beneficio da poboación de Valdeorras, evitando así a duplicación de recursos, coa xestIón integral e integrada de asistencia sanitaria e co reforzo da autonomía funcional dos servizos hospitalarios e de atención primaria da área.

Desta maneira, o PP quere rematar coa situación que se produciu no pasado da derivación de pacientes a Ourense por non dispoñer puntualmente de especialidades básicas no Hospital do Barco. Neste sentido, os Populares reafírmase no compromiso de potenciar e seguir mellorando os servizos existentes no Hospital de Valdeorras en beneficio dos cidadáns da comarca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario