29 sept 2009

A DEPUTACIÓN DE OURENSE ABRE UNHA DELEGACIÓN NO BARCO PARA A ATENCIÓN DE EMIGRANTES E INMIGRANTES

O obxectivo da institución provincial é achegar a administración aos cidadáns, polo que técnicos da institución atenderán aos interesados tódolos xoves, en horario de mañá e tarde.


A Deputación de Ourense abrirá o xoves a súa primeira delegación na provincia, concretamente no Barco de Valdeorras, para dedicala inicialmente á atención de emigrantes retornados e inmigrantes. A presentación deste novo servizo tivo lugar hoxe no Centro Cultural da Deputación, coa presencia de Moisés Blanco, vicepresidente segundo da Deputación; José Juan Cerdeira, director da Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Deputación; e Francisco González, director do Centro Cultural.

A delegación da Deputación no Barco terá a súa sede na Fundación Comarcal de Valdeorras (Casa do Riocigüeño) e o horario de atención ao público será de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 19.00 horas, de luns a venres.

Dende esta oficina en Valdeorras desenvolveranse ademais traballos de seguimento na evolución da poboación estranxeira dentro da nosa provincia, para elaborar proxectos que teñan en conta as necesidades da mesma. Actualmente hai en Valdeorras unha poboación inmigrante dunhas 2.000 persoas, das cales a súa maioría con portugueses (700), seguidos de sudamericanos e asiáticos.

Dentro destes diagnósticos, a comarca de Valdeorras presenta unha realidade significativa en canto o reparto da poboación estranxeira, como dato: A poboación estranxeira que reside neste ámbito xeográfico representa case o 15% da poboación estranxeira da provincia de Ourense, e de eles, máis do 9% reside no concello do Barco de Valdeorras.

Todos estes datos estudados, unidos á actividade económica específica e diferenciadora e ás problemáticas diversas da convivencia e a residencia de estranxeiros, aconsellaron que a Oficina de Atención ao Emigrante Retornado e ao Inmigrante da Deputación Provincial fose descentralizada.

Asi, durante un día de cada semana, técnicos cuxa competencia e especialización iran variando nas diferentes semanas, desprazaranse ao Barco e desenvolverán alí o seu traballo. Esta posibilidade facilitará o acceso dos potenciais usuarios ao mesmo. Moisés Blanco explicou que a imprementación deste servizo, descentralizado da súa sé central na propia Deputación de Ourense, “virá incrementar a calidade do que na actualidade estase desenvolvendo en dita comarca”. “Valdeorras –engadiu Moisés Blanco- está demandando información e asesoramento continuo a través da vía telefónica e telemática. A presenza física, e continua no tempo, dos técnicos desta oficina no Barco, incrementará a proximidade ás diferentes problemáticas, o estudo pormenorizado da documentación que acompaña as diferentes consultas e a individualización concreta dos diferentes asesoramentos”.

En definitiva, afirma o vicepresidente que o que perseguimos “é achegar os servizos aos cidadáns, mellorar a atención que prestamos e transmitir que a administración só está para servir e para eso faremos todos os esforzos que se fagan precisos”.

A “Oficina de Atención ao Inmigrante e ao Emigrante Retornado da Deputación de Ourense” presta os seus servizos dende fai máis de 5 anos. Naquel entonces, coincidindo co momento económico e social que estaba vivindo América do Sur, histórico receptor da emigración española, produciuse un movemento de retorno moi importante. Estaban a volver non solo aquelas xeracións que nun momento partiran cara a América, senón tamén as segundas e terceiras xeracións daqueles, que se atopaban en plena vida activa e incluso na etapa de formación.

Por outro lado, e coincidindo no tempo, prodúcense cambios de profundidade na normativa que se refire a inmigración, tanto a inmigración comunitaria como aquela que procede de fora do espazo europeo.

Toda esta realidade provocou que a Deputación de Ourense, asumindo as súas competencias de colaboración e apoio, entendese a necesidade de desenvolver un servizo dirixido especificamente a este colectivo e no que os recursos humanos que o conformaran puideran responder a todo o conxunto de problemáticas que se presentaban.

O día de hoxe máis de 2.000 persoas foron atendidas por esta Oficina, detectándose que a porcentaxe maior que se produce son na área socio-laboral : información e axudas para o desemprego, vivenda, troco dos permisos de conducir, acceso á asistencia sanitaria etc.


Especialización nos servizos

No momento actual estamos ante un novo panorama, estamos ante unha nova xeración de traballadores emigrantes, persoas xoves que están dispostas a traballar e integrarse no noso mercado laboral e que precisan axuda para chegar a coñecer o funcionamento do mesmo e a forma de insertarse nel. Elo, ademais de que os empresarios interesados en empregar a estes recursos humanos precisan apoio, axuda e seguridade par poder atender a esta man de obra. As obrigas administrativa con este colectivo presentan algunhas diferenzas e os empresarios que queren aos inmigrante nas súas empresas deber ter o apoio que precisan para coñecelas e valoralas.

Atender as necesidade e demandas do mercado laboral, facer fluír a información entre os protagonistas dela so pode xerar tranquilidade e seguridade. Saber en que situación se atopan estes residentes, as peculiaridades dos seus permisos de residencia, as actividades económicas as que poden acceder… pode ser determinante para procurar unha plena inserción laboral e, con elo, social.

Pero, ademais nos atopamos con unha inmigración multidiversa, traballadores xubilados doutros países, da Unión Europea e de fora dela que precisan acceder a servizos: colectivos: sanitarios, prestacións económicas etc. As condicións de acceso, prazos de espera… son informacións fundamentais para estes cidadáns xa que estas poden determinar la plena identificación ou non coa sociedade na que queren desenvolver a última etapa da súa vida.

Para facer fronte a toda a problemática diversa e especializar os recursos humanos, a Oficina de Deputación está conformada por distintos servizos:

- Servizo especializado para ó acceso a nacionalidade española .
- Servizo especializado en visados e autorizacións de estancia e residencia.
- Servizo especializado en trámites administrativos para o emigrante retornado e o inmigrante (obtención do DNI, trocos de permisos de conducir, etc.)
- Servizo especializado en reagrupamento familiar, arraigo e outras circunstancias de residencia excepcionais.
- Servizo especializado de ámbito laboral.
- Servizo especializado en cobertura sanitaria, pensións e axudas sociais
- Servizo especializado no sistema educativo

No hay comentarios:

Publicar un comentario