8 may 2009

A MAIORÍA SOMOS TODOS

Baixo o lema "A maioría somos todos", o Partido Popular de Galicia celebrará, esta fin de semana, na Coruña, o seu XIV Congreso autonómico.


O PPdeG celebrará o XIV Congreso sen esquecer que o máis importante son os militantes, os simpatizantes e a sociedade galega e deixando claro que ten que ser a correa de transmisión das necesidades dos galegos co Goberno da Xunta de Galicia.

- Será un Congreso importante, no que queremos seguir representando á maioría do pobo de Galicia, esta vez como partido de Goberno.

- Queremos que estea representada toda a sociedade galega, por iso lle imos prestar especial atención ao noso ideario político e ás bases do noso partido.

- Será un Congreso das ideas, fóra de personalismos políticos.

- Para acadar este obxectivo se debaterán tres ponencias: ‘Estatutos do PPdeG’, na cal se adaptarán os estatutos nacionais aos galegos, amais de incluír órganos propios como o Comité das cidades ou o Comité de seguimento do programa electoral; ‘Estratexia futura fronte á crise económica’, encamiñada a asumir e liderar desde o PPdeG as propostas para facer fronte á crise económica; e ‘Liñas de actuación política para un Goberno de todos’, que terá como obxectivo marcar as prioridades políticas do novo Goberno e establecer mecanismos para velar polo cumprimento do programa electoral do PPdeG.

Coa celebración deste Congreso se cumpren os tres obxectivos marcados polo presidente do partido, Alberto Núñez Feijóo:

- manter o partido en forma;
- manter unha estrutura viva, onde os afiliados e simpatizantes podan seguir aportando ideas;
- e completar o proceso de renovación a todos os niveis, para seguir sendo o partido que máis se parece a Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario