26 may 2009

CERTAME DE ARTES PLÁSTICAS DA DEPUTACIÓN PARA PREMIAR E DIFUNDIR A OBRA DOS NOVOS CREADORES

A Deputación provincial de Ourense presentou hoxe no Centro Cultural o “VIII Certame de Artes Plásticas Deputación de Ourense”, que ten coma obxectivo promover e apoiar ós novos valores nos distintos campos das artes plásticas: pintura, escultura, gravado, e calquera outro tipo de expresión artística coma vídeo, arte dixital e instalacións. No certame poderán participar artistas con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos. A temática será libre, admitíndose todo tipo de tendencias artísticas, e na realización da obra poderase empregar calquera tipo de técnica e material. As obras deben enviarse antes do 31 de maio.

A presentación estivo a cargo do vicepresidente da Deputación, Moisés Blanco, e do director do Centro Cultural, Francisco González. Moisés Blanco destacou a “aposta pola xuventude” que fai constantemente a Deputación de Ourense, “o que se pon de manifesto neste certame dirixido a mozos menores de 30 anos, certame ó que teñen concorrido cerca de dúas mil obras dende que se puxo en marcha no ano 2000”. Engadiu Moisés Blanco que apoiar á xuventude “é unha aposta polo futuro da nosa provincia, e moito máis en momentos de crise, onde tan importante é o capital humano”.

Pola súa banda, Francisco González destacou a gran aceptación que no ámbito nacional e internacional ten este certame de artes plásticas, “xa que ano tras ano recibimos obras que chegan, ademais de España, de Sudamérica, a Unión Europea e mesmo dos países do leste”. Francisco González dixo tamén que a Deputación de Ourense “síntese moi satisfeita” de haber acadado a consolidación deste certame, “porque contribúe a que ós xóvenes creadores poidan abrirse camiño no difícil mundo do arte”.

Establécense premios por un importe total de 14.000 euros:- Primeiro premio: 6.000 euros.- Segundo premio: 4.000 euros.- Terceiro premio: 2.000 euros.- Dous accésit de: 1.000 euros.O xurado pode conceder accésit honoríficos, se o estima oportuno, en vista da calidade dos traballos presentados. Tamén pode declarar deserto calquera dos premios. As obras que reciban algún dos premios con dotación económica pasarán a formar parte dos fondos artísticos da Deputación provincial de Ourense.O prazo de presentación das obras remata o día 31 de maio de 2009.


As obras entregaranse ou serán enviadas ó Centro Cultural da Deputación de Ourense, e correrán por conta dos concursantes os gastos de envío das obras. No mes de setembro, a Deputación de Ourense fará unha exposición cunha selección dos traballos presentados e realizará o correspondente catálogo.
O xurado estará integrado por un mínimo de cinco membros, vencellados ó mundo das artes plásticas, que serán designados pola institución provincial.

(publicado na web da Deputación de Ourense)

No hay comentarios:

Publicar un comentario