13 abr 2009

TURÍN, OURENSE Y VALDEORRAS

Para mí fue una experiencia muy reconfortante, y un orgullo poder representar a la provincia de Ourense en un encuentro de estas características. Además de hablar de la situación de toda la provincia pude hacer un aparte para que mí querida comarca de Valdeorras también estuviese presente.
La capital del Piamonte me impactó gratamente por su belleza y su riqueza patrimonial y cultural. Concluido el seminario, y mientras esperaba la salida del avión hacia España, tuve dos horas para realizar un pequeño paseo por el corazón de la ciudad. Incluso me adentré en la capilla real de la Catedral de San Juan Bautista para ver la Sábana Santa, también conocida como el Santo Sudario.
Turín, una visita recomendable.







A continuación os dejo la nota de prensa que enviamos hoy a los medios de comunicación en relación a la participación de la Diputación de Ourense en el debate sobre cohesión territorial que tuvo lugar en Turín el pasado 8 de abril.



A Deputación de Ourense participou no debate sobre o futuro da cohesión territorial en Europa organizado pola rede Partenalia e a Provincia de Turín

A Deputación de Ourense representada polo seu vicepresidente segundo, Moises Blanco, participou o pasado 8 de abril en Turín no seminario ¨As Autoridades Intermedias e Cohesión Territorial Europea¨. Neste seminario tentouse afondar no importante papel das administracións locais intermedias nos debates sobre a futura política de cohesión europea.

A intervención do vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, estivo baseada no informe enviado pola Deputación de Ourense á Comisión Europea, en resposta da consulta pública sobre cohesión territorial, mais comunmente coñecida como o Libro Verde sobre a Cohesión Territorial. O Libro Verde lanza un debate sobre a cohesión territorial coa idea de afondar na compresión tanto do concepto en si mesmo como das súas implicacións políticas e en materia de cooperación e coordinación. Nesta consulta interesan particularmente as contribucións que poden achega-las partes interesadas nos ministerios dos respectivos gobernos nacionais, así como as autoridades locais e rexionais, institucións da UE, interlocutores económicos e sociais, organizacións da sociedade civil, membros do mundo académico e cidadáns.
Os primeiros debates acerca da cohesión territorial levados a cabo a principios dos años 90 demostraron ser moi proveitosos. Serviron para subliña-la importancia da cooperación territorial e das tendencias territoriais, o cal levou á adopción dos programas de cooperación (INTERREG) e o establecemento do Observatorio en rede da ordeación e a cohesión do territorio europeo (ESPON).
O obxectivo principal deste debate é lograr un mellor e común coñecemento do que se entende por cohesión territorial e das súas implicacións políticas. Nos meses seguintes á finalización do debate en febreiro de 2009 publicarase un resumo desta consulta.

No caso da resposta da Deputación de Ourense a esta consulta, faise fincapé á provincia de Ourense como un caso moi representativo dos problemas que afronta a cohesión territorial en toda a Unión Europea. De feito, esta provincia ten problemas específicos con respecto a Galicia e a España, como o seu alto nivel de envellecemento, a súa alta dispersión poboacional, etc., así como o desequilibrio existente nesta comunidade entre a Galicia costeira (provincias atlánticas) e a Galicia interior, problemas que esperemos que teñan unha atención especifica dentro da futura cohesión territorial europea. Lembrar que o proceso de converxencia da economía galega cara a media europea veu acompañado por un incremento das disparidades internas (entre as provincias atlánticas e as de interior) en términos de renda per capita.
Por parte dos membros da Comisión Europea presentes no seminario, e moi especialmente por parte do Vicepresidente da Comisión de Comisión de Política de Cohesión Territorial (COTER) do Comité das Rexións, o checo Petr Osvald, mostrouse un especial interese pola realidade da provincia de Ourense, e fíxose fincapé na necesidade de ter en conta datos estatísticos mais cercanos a realidade provincial (NUTS III).
Neste seminario non se pudo pasar por alto a actual situación de crise mundial, o que motivou un debate no que o vicepresidente segundo, Moises Blanco, fixo na súa intervención mención os grandes problemas que estaba atravesando a economía da provincia de Ourense, é moi especialmente, o sector pizarreiro.
A vindeira reunión da rede Partenalia terá lugar o vindeiro 29 e 30 de xuño en Lille (Francia) onde se procedera á constitución do Consello Político de Partenalia, organo co que a rede pretende impulsar a defensa do importante papel das entidades intermedias locais (entidades provinciais) na futura política de cohesión territorial europea.
Para máis información sobre a contribución da Deputación de Ourense á consulta sobre Cohesión Territorial: http://ec.europa.eu/regional_policy/consultation/terco/consultation_es.htm

No hay comentarios:

Publicar un comentario