16 sept 2010

A DEPUTACIÓN DESTINA AOS CONCELLOS DE O BARCO E A RÚA 107.000 EUROS PARA OBRAS DE MELLORA URBANA

A Deputación de Ourense destinará 107.000 euros aos concellos de O Barco de Valdeorras e A Rúa para a realización de obras de peonalización, pavimentación, renovación de mobiliario urbano, supresión de barreiras arquitectónicas e illotes soterrados nos núcleos urbanos. Estes 107.000 euros únense aos máis de 3.300.000 euros que a Deputación leva investidos na comarca de Valdeorras a través do proxecto Delorur.

A subvención foi aprobada pola Xunta de Goberno, nun acordó que permitirá a estes concellos aproveitar un remanente da partida integrada no proxecto Delorur, financiado mediante axudas Feder, o que fará posible desenvolver novas iniciativas que melloren os espazos común tanto de O Barco como de A Rúa. Os dous concellos teñen de prazo ata o día 18 de setembro para presentar propostas das obras que queren realizar.

En relación con estas subvencións, o vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, Moisés Blanco, destaca que se trata “dunha nova axuda para Valdeorras, o que demostra o compromiso e a aposta da Deputación de Ourense por esta comarca”. Moisés Blanco engade que o éxito do programa Delorur, “tradúcese en benestar para os cidadáns desta zona do oriente ourensán, xa que grazas a este proxecto os concellos puideron mellorar os seus espazos públicos, o seu patrimonio etnográfico, e levouse a cabo a supresión de barreiras arquitectónicas, obras de pavimentacións e renovación de mobiliario, así como obras de mellora e ampliación do comercio e en novas tecnoloxías. En definitiva, é una aposta polos concellos e polo seu desenvolvemento, pola historia e o patrimonio etnográfico, e pola actividade comercial, auténticos dinamizadores da economía local”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario