26 sept 2010

Romería do PPdeG en Silleda

Onte xuntámosnos máis de 12.000 compañeir@s do Partido Popular de Galicia en Silleda. Nun fenomenal ambiente, o presidente de NN.XX, os catro presidentes provinciais, o secretario xeral e o presidente Feijóo, falaron de moitos temas da actualidade política, pero sobretodo, falouse do gran reto que temos por diante: as vindeiras eleccións municipais.

Todos coincidiron en destacar que o PPdeG é un partido que, como Galicia, é libre, tolerante, fiable e gañador para unha sociedade gañadora, por iso, vencerá ao PSOE, ao BNG, aos bipartitos e, por enriba de todo, está seguro de que Galicia acabará vencendo na súa batalla máis importante contra a división, a crise e o paro.

O Presidente Feijóo finalizou a súa intervención lembrando que o partido ten, ante si, 315 eleccións, 315 concellos e, como di o lema da xuntanza, 315 ilusións polas que contribuír a unha Galicia mellor e a unha España mellor e que se resumen nunha: recuperación. 315 ilusións, por tanto, e case 3 millóns de compromisos: cada un dos galegos.
SEGUIMOS ADIANTE!!!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario