16 jul 2010

A DEPUTACIÓN OFRECE MEDIO MILLÓN DE EUROS EN AXUDAS PARA ABRIR OU AMPLIAR COMERCIOS NA PROVINCIA

* O BARCO, A RÚA E VIANA DISPORÁN DE 215.000€
A Deputación de Ourense fixou como un dos principais obxectivos de actuación ó longo de 2009 potencia-lo desenvolvemento rural e urbano dos concellos da provincia, a través de actuacións económicas, tecnolóxicas e medioambientais que favorezan a competitividade e melloren o benestar e a calidade de vida dos cidadáns.
En total, máis de 140.000 persoas da provincia son as beneficiarias das obras e servizos que se realizarán no marco dos proxectos ¨Arraiano¨, ¨Delorur¨ e ¨Terras do Avia¨.
A institución provincial puxo en marcha, co cofinanciamento dos fondos europeos, estes proxectos, que abranguen unha serie de actuacións dirixidas ós concellos de Ourense, encamiñadas a crear emprego, mellora-las infraestruturas, aumenta-la calidade medioambiental, mellora-la accesibilidade e preserva-lo patrimonio cultural.
Dentro do ámbito dedicado á promoción económica, a Deputación de Ourense convoca unha liña de axudas para a posta en funcionamento, mellora ou ampliación de comercios de venda polo miúdo nas vilas do ámbito xeográfico dos tres proxectos.
No caso do proxecto ¨Arraiano¨, as vilas de Xinzo e Verín, no caso do ¨Delorur¨, as vilas do Barco, A Rúa e Viana do Bolo, e no caso do proxecto ¨Terras do Avia¨, as vilas de Ribadavia e O Carballiño.
A boa acollida destas axudas por parte do pequeno comercio local no ano 2009, fixo que a Deputación convoque no ano 2010 unha nova oferta de axudas encamiñadas a apoia-lo comercio de proximidade. Nesta ocasión destínase preto de medio millón de euros para esta liña de apoio ao pequeno comercio.
As actuacións teñen como obxectivo os seguintes gastos subvencionables:
Obras de construción, adaptación, mellora, reforma ou ampliación de locais para o desenvolvemento de actividades comerciais.· Adquisición e instalación de equipamentos específicos para o desenvolvemento da actividade, tales como o mobiliario, decoración, pintura ou escaparates, adquisición de software para a xestión comercial, de equipos informáticos e telemáticos propios para a actividade, adquisición de caixas rexistradoras, terminais puntos de venda e lectores de códigos, sistemas de medición e peso, sistemas de etiquetaxe e sistemas antirroubo incorporados ó produto e calquera outro equipamento que teña encaixe nesta convocatoria.
Beneficiarios:Poderán ser beneficiarios destas axudas aquelas persoas físicas e xurídicas titulares de comercios de venda polo miúdo que presenten as súas solicitudes axustándose ás bases da presente convocatoria e cuxo proxecto sexa considerado viable dende o punto de vista técnico, financeiro e económico.
Axudas: A contía das subvencións obxecto da presente convocatoria consistirá nunha porcentaxe do orzamento do proxecto presentado polo solicitante, non podendo superar, en ningún caso, as seguintes contías máximas para cada beneficiario: No caso de solicitudes para gastos de obras: 10.000 €. No caso de solicitudes para gastos en equipamiento: 3.000 €Ditos límites cuantitativos operarán de modo independiente para cada clase de gasto de maneira que os solicitantes de subvención para a realización de obras e equipamento, poderán obter subvención por contía máxima de 13.000 € (hasta 10.000 € por obras e ata 3.000 € por equipamento).
Os importes por programa son os seguintes: DELORUR: 215.006,18 € TERRAS DO AVIA: 165.194,90 € ARRAIANO: 92.361,04 €
Prazo: O prazo para a presentación das solicitudes estará aberto ata o día 16 de agosto de 2010.
Máis información:Para máis información os interesados poden ve-las bases das axudas no BOP do día 14 de xullo de 2010, ou na web www.depourense.es , ou informarse no teléfono: 988 011 446.Estes proxectos están cofinanciados nun 70% a través de axuda do FEDER, no Eixo 5 de Desenvolvemento Local e Urbano, durante o período 2007-2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario