7 jul 2010

COS VECIN@S DO CASCO VELLO DO BARCO

Tal e como prometín fai dous días na celebración do Congreso Local, o PP de O Barco iniciou a campaña de recollida de propostas que levará a cabo en todos os barrios e núcleos rurais do Barco. A primeira visita foi ao Casco Vello, na tarde do luns, onde acompañado de varios membros do novo equipo recollimos as inquedanzas e suxestións dos veciños e veciñas de este barrio tan emblemático.


Entre as deficiencias que nos trasladaron os veciños figuran a suciedade e a pouca limpeza das rúas do casco vello, coa presenza case que diaria de excrementos de animais; a escasa iluminación, e o deterioro e o avellentamento progresivo de varias vivendas e zonas do casco. Tamén pediron solucións a unha das principais demandas dos residentes e os donos de locais comerciais como é a necesidade de poder seguir aparcando na rúa Real e a regulación do tráfico.

Comprometímosnos cos veciños a trasladar estas demandas ao grupo de goberno socialista, a través de distintas iniciativas políticas que presentará no concello. Así mesmo, asegurámoslles que seguiremos insistindo e pedíndolle ao alcalde que é necesario manter a convivencia entre os vehículos e os peóns, garantindo a seguridade e a circulación da mellor maneira posible mentres o concello non solucione o problemas de aparcamento".

Tamén lle recordamos os veciños que o Partido Popular presentara fai dou anos unha moción no concello solicitando un plan de apoio a peonalización do casco vello, e que esta fora rexeitada polo alcalde socialista. "Levamos dous anos perdidos, no que se produciron danos irreparables no patrimonio histórico así como nas economías dos locais comercias que sufriron importantes perdas por mor dos retrasos e a mala planificación das obras no barrio".

Como naquela moción, seguimos defendendo que "antes de tomar algunha medida drástica en canto a regulación do tráfico e os estacionamentos, hai que implementar diversas accións e ter en conta a opinión dos veciños, como a construción do aparcamento soterrado, contemplado no Plan Especial de Reforma do Casco Vello, que ten que ser unha premisa fundamental, posto que sería unha boa solución a un dos principais problemas". Tamén habería que explicarlles aos veciños como será a xestión do aparcamento, si terá prazas en propiedade (concesión), prazas para a rotación ou o aluguer.

Así mesmo, consideramos esencial "o impulso da actividade comercial a través da concesión de axudas que permitan a modernización e mellora dos locais comercias. Subvencións que puideran favorecer o aluguer dos baixos comerciais baleiros ou apertura de novos negocios con xóvenes emprendedores".

E para elo defendemos a idea de "conformar unha mesa de traballo con representantes políticos, veciñais e do comercio para a elaboración dun plan de apoio a peonalización".

No hay comentarios:

Publicar un comentario