29 may 2010

SE MANTIENE EL ÁREA SANITARIA Y AUMENTAN LAS INVERSIONES EN EQUIPAMIENTO

Os alcaldes e portavoces do Partido Popular da área de influencia do Hospital Comarcal Valdeorras, ante as manifestacións feitas públicas pola Conselleira de Sanidade, Dona Pilar Farjas, na súa visita ao hospital en O Barco, puntualizamos:

1.Respaldar unanimemente e ao 100% as declaracións realizadas pola Conselleira.

2.Deixar claro á opinión pública que o HCV e a Área Sanitaria vense reforzados ao manter a súa xerencia, con capacidade de autoxestión e incrementada pola integración na mesma da Atención Primaria.

3.As inversións que se van a acometer este ano no hospital, triplican ás realizadas polo bipartito (PSOE-BNG) nos catro anos que gobernaron. A Xunta investirá este ano no HCV 850.000€ en material necesario para o bo funcionamento do mesmo fronte aos 244.000€ invertidos en catro anos polo anterior goberno.
Por todo elo instamos á Plataforma en Defensa da Saúde Pública de Valdeorras a que desconvoque a manifestación do vindeiro día 3 dado que non existen motivos para a mesma e as reivindicacións pretendidas están aseguradas pola máxima autoridade en Sanidade da Xunta e no lugar que a Plataforma quería.
Instamos tamén á opinión pública que non consintan manipulacións colectivas do que supostamente poden ser intereses persoais. A Conselleira falou ALTO e CLARO: o HOSPITAL non só se mantén en servizos senón que se incrementa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario