29 may 2010

CON LA REAL BANDA DE GAITAS EN CHINA...

La pasada semana he estado de viaje por China acompañando a la Real Banda de Gaitas de la Diputación. Tres fueron las ciudades visitadas(Shanghai, Xiam y Pekín) y miles de chinos los que disfrutaron con la extraordinaria agrupación musical. Un fenomenal grupo humano bajo la excelente dirección de Jose Luis Foxo.
A continuación os dejo las notas de prensa relativas a este apasionante viaje.

A REAL BANDA CELEBRA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS CUN CONCERTO NA EXPO DE SHANGHAI INTERPRETANDO MELODÍAS GALEGAS E CHINAS

Shanghai, 17 de maio de 2010.- A Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense celebrou hoxe o Día das Letras Galegas nun concerto celebrado no pavillón de España da Expo de Shanghai (China), ante centos de persoas que se congregaron para presenciar a actuación da Real Banda.

O concerto, cunha coidada posta en escea que incluía un desfile polos contornos do pavillón español e o pavillón de Europa ante un pasillo de persoas de todas as nacionalidades, que en número superior ás 400.000 acudiron na xornada de hoxe a visitar a monumental Exposición Universal de Shanghai.

A Real Banda interpretou un tema popular chino, cantado en musicado, denominado Mo Li Hua, que foi coreado polo público chinés que seguía con atención o concerto, para posteriormente interpretar un poema musicado de Uxío Novoneyra, “A pastora do Caurel”, en homenaxe ao día das Letras Galegas. De seguido interpretaron unha suite galaico-china, un saúdo de percusión, o tema Cantos de España, e interpretaron tamén o Hino Galego.

Os integrantes da Real Banda desfilaron cos seu traxes característicos polas rúas da Expo y posaron fronte ao pavillón español e ante o máis famoso dos personaxes da Exposición Universal, o moneco-.bebé “Miguelín”, situado á entrada do pavillón español, e que se converteu xa na imaxe máis fotografiada da Expo.

Xosé Lois Foxo, director da Real Banda, dixo que o calor amosado polo público chinés, en especial, e internacional, en xeral, “é boa mostra de que a música rompe fronteiras e nos une a todos. Nós quixemos con esta mestura entre as culturas galega e chinesa unir a dous pobos tan distantes pero á vez tan achegados por algo tan marabilloso como é a música”.

No concerto da Real Banda estiveron presentes hoxe o vicepresidente da Deputación de Ourense, Moisés Blanco, que a compaña á expedición na súa xira por China; a secretaria xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Carmen Pardo, e a directora do pavillón español na Expo de ShangHai, Cecilia Pereira.

Precisamente este pavillón reciben diariamente a visita de máis de 40.000 persoas, e representa unha homenaxe aos artesáns españois e chineses, pois está construído con 8.533 placas de bimbio.

A Real Banda leva a China a mensaxe de amizade e concordia do pobo ourensán e galego, unida á difusión de España que leva espallando por todo o mundo dende a súa creación. Ten ofrecido concertos para as personalidades máis relevantes do panorama internacional, dende o Papa Xoán Pablo II ata o emperador do Xapón, pasando por presidentes de goberno, autoridades institucionais, comunidades galegas e españolas no exterior, e actuando nos máis destacados eventos e festivais culturais e sociais do mundo.

Na súa xira por China, a Real Banda gravará no incomparable escenario da Gran Muralla unha produción audiovisual titulada “A Real Banda en China”. Para este proxecto audiovisual a Real Banda ven de gravar dous temas en chino: “Mo li hua” e “Full of Joy”.


A REAL BANDA IMPROVISA UN CONCERTO DENTRO DUN AVIÓN DURANTE UN RETRASO DE 3 HORAS NO AEROPORTO DE SHANGHAI

Shanghai, 19 de maio de 2010.- A Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense ofreceu hoxe un improvisado concerto no interior dun avion da compañía “China Airlines”, durante unha espera de tres horas que tivo que soportar encerrada na aeronave xunto co resto da pasaxe e a tripulacion, a causa da intensa neboa que cubria esta mediodia o aeroporto internacional de Shanghai.

Logo de duas horas de tediosa espera dentro do avion varios gaiteiros e percusionistas da Real Banda colleron os seus instrumentos do portaequipaxes da cabina, afinaron as gaitas e ofreceron un improvisado concerto de pe no pasillo do aparato, interpretando temas galegos e chineses, ante o asombro inicial e a ledicia seguinte dos 180 pasaxeiros que enchian a aeronave, un Airbus 320, que os ia levar de Shanghai a Xian, segunda etapa do tour que a Real Banda esta a realizar por China.

Tanto o comandante como o copiloto, as azafatas e toda a pasaxe unironse dando palmas e cantando, mentres o “zapateado” dos percusionistas da Real Banda contra o chan enmoquetado do avion servia de ritmica percusion para acompasar as cantigas.

Os chineses, tan afeizoados a fotógrafialo todo, sacaron as suas camaras para inmortalizar tan singular concerto, no que a Real Banda interpretou as muiñeiras de “Castro Feito” e “Cabana”, “Mo Li Hua”, e “A Camposa”, para rematar coa “Muiñeira de Chantada”.

Ao remate, o propio comandante e a tripulacion felicitaron a Real Banda e ao seu director, Xose Lois Foxo, agradecendolles que amenizaran a longuisima espera que tivo que soportar a pasaxe durante as tres horas que permaneceu recluida no interior do avion.A chegada a Xian, Xose Lois Foxo fixolle entrega ao comandante da insignia da Real Banda, correspondendo a gratitude da tripulacion.

Ao marxe da musica, o verdadeiro espectaculo foi ver as azafatas e os pilotos cos seus telefonos mobiles facendo fotos aos gaiteiros, mentres os pasaxeiros permanecian de xeonllos sobre os asientos sorrindo e dando palmas.

Finalmente a neboa disipouse, os instrumentos volveron ao portaequipaxes, e a aeronave partiu cara Xian, onde a Real Banda inicia a segunda etapa da sua xira, nesta ocasión paseando a sua musica ante os famosos e milenarios “Guerreiros de terracota de Xian”.

En contraste coa troula da longa e festiva espera, o voo resultou unha viaxe pracenteira e silenciosa, pois a maioria dos pasaxeiros foron durmindo durante as duas horas que durou o voo entre Shanghai e Xian, por mor, quizais, do cansanzo tralo breve pero intenso “concerto aeronautico”. Ao final, as gaitas poideron coa neboa de Shanghai.


A REAL BANDA RENDE HOMENAXE AOS GUERREIROS DE TERRACOTA POLO “PRINCIPE DE ASTURIAS” NUN CONCERTO EN DIRECTO NO MAUSOLEO DE XIAN

Xian (China), 19 de maio de 2010.- A Real Banda de Gaitas e a Deputación provincial de Ourense foron as primeiras institucions en felicitar ao director do “Museo dos Guerreiros de Terracota” pola distincion do Premio Principe de Asturias de Ciencias Sociais 2010 co que foi recoñecido o traballo dos arqueologos do xacemento funerario de Xian, que propiciaron o achegamento de millons de persoas a cultura China.

A Real Banda de Gaitas ofreceu un concerto en directo no impresionante centro funerario, ante as estatuas dos 8.000 guerreiros de barro que representan ao exercito que protexe “na outra vida” ao emperador Qin Shi huang di, a quen se lle atribue a unificacion de China no ano 221 antes de Cristo.

O director da Real Banda, Xose Lois Foxo, felicitou personalmente ao director do Museo, Yang Wuo, a quen lle entregou a insignia oficial da Real Banda e felicitouno polo premio, tralo cal os gaiteiros e percusionistas interpretaron as suas cantigas e melodias en galego e chines, un feito inedito, pois e a primeira vez que se realiza un concerto no espectacular recinto funerario dos Guerreiros de Xian.

Ante centos de espectadores e coa silenciosa ollada do exercito do emperador, a Real Banda meteuse de cheo nas raices da milenaria cultura china fundindo nunha soa voz historia, mitoloxia, pobos e cultura, nun inesquecible concerto que, a ben seguro, tamen agradaria ao emperador, cuxa tumba permanece ainda intacta a moitos metros de profundidade na colina funeraria de Xian.

O mausoleo de Xian foi descuberto en 1974 por uns agricultures mentres cavaban un pozo. Segundo os rexistros oficiais chineses, é considerado un dos máis importantes achados arqueolóxicos do século XX. Os As figuras dos 8.000 guerreiros e cabalos do exército de terracota -de tamaño real- foron sepultados en tumbas de formación de batalla en torno a ela, no condado de Lintong na provincia de Shaanzi para “axudar ao emperador na outra vida”.

Outra das novidades da xornada de hoxe da Real Banda na sua xira por China foi o desfile e concerto que ofreceu esta tarde na Torre da Campana da Muralla de Xian, unha maxestuosa edificación ubicada no centro da cidade. A actuación congregou a centos de viandantes no contorno da Torre, que é un edificio cun deseño tradicional chines, feito de madeira, cunha altura de 36 metros. Foi construído durante a dinastía Ming, en 1384, e quedou ao lado da Torre do Tambor, no mesmo centro xeográfico da cidade.

En Pekín participamos en varios actos. Nada más llegar acudimos a la Concejalia de Cultura, Beijing Municipal Bureau of Culture, en donde acompañados del embajador español, Carlos Blasco Villa, fuimos recibidos por Wang Wenguang, Vice Director Bureau of Cultura.




















Al día siguiente la expedición ourensana fue recibida en la Embajada de España, con el embajador a la cabeza y cientos de gallegos que residen en China, entre los que se encontraba la ruesa Sofía Rey y el ourensano Modesto Corderi.


En este acto tuve la oportunidad de conocer a Inma González Puy, Directora del Instituto Cervantes en Pekín, con quién esperamos alcanzar acuerdos de colaboración entre las dos instituciones para la promoción de nuestro querido idioma gallego.

ESPECTACULAR CONCERTO DA REAL BANDA NA GRAN MURALLA CHINA

Pekín, 23 de maio de 2010.- A partires de hoxe Ourense e China estan un pouco mais cerca. O espectacular concerto que a Real Banda de Gaitas da Deputacion de Ourense ofreceu esta maña no milenario recinto de “Mutianyu” congregou a centros de persoas no impresionante mirador da Gran Muralla, polo que desfilaron os gaiteiros da Real recreando unha longa serpe negra e vermella que se movia ao compas dos sons galegos e chineses.

Centos de cidadans locais e turistas, autoridades gubernativas chinesas e internacionais, asi como unha ampla representacion da colectividade española en China, encabezada polo embaixador de España no pais, Carlos Blasco Villa, ademais de medios de comunicación chinos e españois, disfrutaron baixo un sol abrasador dun concerto inesquecible.

Durante hora e media a Real Banda de Gaitas, dirixida por Xose Lois Foxo, fixo honra ao seu nome, interpretando maxistralmente, un dos mellores concertos que se recordan desta formacion: unha escolma do mellor da musica popular galega xunto con pezas tradicionais chinesas, acompañadas polo famoso musico chines Xiao Ping.

Esta e a primeira vez na milenaria historia da Muralla China que se ofrece un concerto e desfile de gaitas neste memorable monumento da humanidade. Para elo foron necesarios dous longos anos de xestions diplomaticas que Xose Lois Foxo e o equipo da Real levaron a cabo coa embaixada de España e Pekin, cuxo traballo foi determinante para acadar os permisos do Goberno chino para realizar esta actuacion unica no mundo. O propio embaixador de España en China dixo sentirse feliz “porque hoxe a musica nos demostra o poder que ten para achegar culturas e favorecer o entendemento entre os pobos do mundo”.

Os 35 graos baixo un sol impenitente non impediron aos gaiteiros e percusionistas da Real Banda desfilar durante caseque un kilometro polos empedrados camiños e atalaias da unica obra arquitectonica do mundo que e visible dende a lua.

O director da Real Banda fixo entrega ao remate do acto as autoridades da Gran Muralla, en concreto ao maximo representante da Administracion de Mutianyu, e a Sociedade da Gran Muralla China da “Medalla de Ouro da Real Banda” e da “Chave da Escola Gaitas da Deputacion de Ourense”, respectivamente, “en agradecemento e sinal de confraternizacion entre as culturas galegas e chinesas”.

Pola sua banda, o vicepresidente 2º da Deputacion de Ourense, Moises Blanco, dixo que a partires de hoxe “Ourense, Galicia e China acheganse un pouco mais, a traves do mais internacionais dos camiños como e o da musica. Este irmanamento de culturas nun lugar tan emblematico deixa ven as claras que o sentimento e a creatividade xuntos son capaces de unir pobos tan alonxados xeograficamente pero que comparten a sensibilidade de xentes hospitalarias, con fondas tradicions culturais”.

A Real Banda comezou a sua actuacion cun desfile pola Gran Muralla, que rematou na explanada de Mutianyu, onde os gaiteiros e percusionistas, en formacion semicircular e repartidos en diferentes alturas entre os muros, arricanron das gaitas, timbais, caixas e bombo uns sons que se propagaron kilometros arriba e abaixo da montaña, en medio dun impresionante silenzo que so se rompia co eco lonxano da musica. Muiñeiras, suites de musica galega e internacional, cantareiras, percusion e o virtuosismo do gaiteiro solista Marco Foxo trouxeron hoxe a Mutinayu un son que nunca, na sua milenaria existencia, habia escoitado.

O colofon que fixo vibrar ao publico local e estranxeiro foi a interpretacion xunto co musico chines Xiao Ping do tema que a Real estreou na sua xira por China: “Mo Li Hua” (flor de Jazmin), unha adaptacion dunha antiga lenda china feita cantiga, que as cantareiras e os musicos interpretaron en galego e chines, mentres nenos e maiores de entre o publico coreaba sorrindo a bela cantiga.

Esta foi a derradeira etapa da viaxe da Real Banda por China, onde ao longo dunha semana percorreu as cidades de Shanghai, Xian e Pekin ofrecendo concertos como o da Expo Universal de Sanghai e o do Mausoleo dos Guerreiros de Terracota, en Xian, e sendo obxecto de recepcions oficiais, como o da Embaixada de España en Pekin, que contribuiron en palabras de Xose Lois Foxo “a que a cultura e a musica de Galicia e Ourense sexa mais coñecida en China, fomentando a vez uns lazos de amizade que seguiran fornecendose a partires de agora con novos proxectos”.

Foron tamén días de responsabilidade e ilusión para os mozos e mozas que integran a Real Banda e o seu equipo. O agarimo e amabilidade do pobo chines, representado no ledo sorriso que sempre amosa, permitiulles aos xovenes musicos integrarse dendo o primeiro dia nesta cultura tan distinta; e a pesares das maratonianas xornadas de traballo, con concertos, actos institucionais, ensaios, planificacion e viaxes, todos eles amosaron unha profesionalidade exquisita cada vez que con orgullo subian o nome de Ourense e de Galicia a un escenario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario