26 may 2010

A DEPUTACIÓN DE OURENSE COLABORA NUN PROGRAMA PARA PROMOVER O USO DE INTERNET E DO GALEGO ENTRE ESTUDANTES DE BACHARELATO

A Deputación Provincial de Ourense colabora nun programa de dinamización das novas tecnoloxías e o uso do galego, que permitiu a 120 estudantes de Bacharelato de institutos de Galicia coñecerse primeiro de forma virtual e hoxe físicamente, nun encontro que se desenvolve ao longo desta xornada en Ourense.

En concreto foron 120 alumnos dos institutos de Bacharelato de O Barco, Sanxenxo, Camariñas, As Neves, Pobra do Caramiñal e Ames que ao longo do curso desenvolveron un programa de coñecemento mutuo a través de Internet.
O coordinador da actividade é o profesor do Instituto “Lauro Olmo” de O Barco, Rafael Adán, quen dixo na recepción ofrecida hoxe pola Deputación de Ourense que esta actividade de dinamización lingüística a través de Internet “potencia o uso do noso idioma e contribúe a darlle un pulo e un uso práctico a Internet”.

Pola súa banda, o presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, afirmou que a defensa do idioma galego “é algo no que todos temos que contribuír. Esta é unha iniciativa que une as tecnoloxías e o noso idioma, e quen mellor que os nosos xóvenes para potenciar e fomentar ambas disciplinas”.
Baltar engadiu que se levamos o noso idioma no corazón “sempre triunfará, a pesares dos atrancos e os enfrontamentos que algúns queren que haxa. O galego ten futuro, está nas vosas mans e entre todos temos que axudar para que asi sexa”.
Despois da recepción, que tivo lugar no Centro Cultural da Deputación, os estudantes realizaron un roteiro literario pola cidade de Ourense e acudiron ao Concello.
Pola tarde, puxeron en marcha obradoiros de hip-hop e de graffiti no Parque Barbaña, os cales contan coa colaboración da Deputación de Ourense.

No hay comentarios:

Publicar un comentario