10 abr 2010

O GOBERNO SOCIALISTA DE O BARCO A FAVOR DA SUBIDA DO IVE

No último pleno celebrado no concello do Barco, o grupo de goberno socialista defendeu a próxima subida do IVE que levará a cabo o executivo de Zapatero.
Rexeintando a moción, os socialistas barquenses, convértense en complices desta decisión que perxudicará as familias cas rentas máis baixas e con menos recursos. Especialmente, os que máis sufrirán, serán os 1.368 parados da nosa Vila.

TEXTO DA MOCIÓN

No ano 2009 as contas públicas rexistraron o maior deterioro da súa historia. As importantes desviacións na estimación dos ingresos e os gastos para 2009 poñen de manifesto que o Estado perdeu o control da situación económica e das finanzas públicas.

O Goberno, lonxe de abordar a corrección desta situación de grave desaxuste das nosas contas públicas mediante un proceso de consolidación fiscal centrado no control do gasto público e medidas de austeridade na actuación de todas as Administracións Públicas, presentou uns Orzamentos Xerais do Estado para 2010 que, non só contemplan un aumento do 17% do gasto non financeiro do Estado con respecto aos PGE de 2009, senón que introducen a maior subida de impostos da democracia, facendo recaer integramente a paulatina corrección do déficit público nun hipotético aumento dos ingresos consecuencia da subida de impostos aprobada para 2010.

Tanto a evidencia empírica como numerosos estudos poñen de manifesto que a subida dos impostos ao consumo nunha situación de crise económica como a que reflicten os propios orzamentos do Estado, é unha medida desaconsellable xa que, polos seus efectos negativos sobre o consumo e polo tanto o investimento e o emprego, perxudicará a recuperación económica sen ter apenas impacto na recaudación.

Así, entre outros Organismos, a OCDE avisaba dos efectos negativos que terá para a nosa economía a subida do IVE, e recomendou ao Goberno, no seu informe semestral de Perspectivas publicado en novembro de 2009, que aprazase a subida do IVE a 2011 “a fin de que a economía se recupere de xeito máis sólido”.

Ademais da repercusión negativa que esta subida terá sobre produtos e servizos como roupa, calzado, electrodomésticos, recibo da luz, factura do teléfono, coches, vivenda, alimentación, hostelería, restaurantes, transporte terrestre, os Concellos e as CCAA verán drasticamente diminuída a súa capacidade para contratar obras e servizos que prestan aos cidadáns, e iso sen contar ademais o perxuízo que a subida do IVE carrexará tamén aos proxectos contratados ao amparo do actual Fondo Estatal de Emprego e Sostemento Local. A este recorte haberá que sumar os 3.000 millóns de euros menos que os Entes Locais deixan de recibir por transferencias do Estado para este ano.

Con estes datos, as perspectivas económicas dos gobernos locais e os instrumentos para facer fronte á grave situación financeira non farían senón empeorar, o que albisca un panorama verdadeiramente desolador para o segundo semestre deste ano.
Pero, con todo, os grandes perxudicados van ser os propios cidadáns castigados dobremente, na súa dificultade para acceder a bens de consumo básicos e na calidade de prestación dos servizos que reciben do seu Concello, por iso o PP propón, entre outras medidas de apoio aos a redución do IVE para as actividades de reformas (pintura, fontanería, electricidade...) e para as actividades turíticas.

Por todo isto, o Grupo municipal popular propón ao pleno da corporación a aprobación dos seguintes acordos:

1º- Instar ao Goberno da Nación a deixar sen efecto a subida de tipos impositivos do IVE prevista para xullo de 2010.

2º- Instar ao Goberno de España e ás Cortes Xerais a establecer o tipo reducido do IVE (7%) a determinados servicios intensivos de man de obra como os de pintura, fontanería, electricidade e carpintería para fomentar o consumo, ampliar bases de recaudación, e desincentivar a economía sumerxida e o tipo superreducido (4%) para os servizos de hostelería, camping e balneario, os de restaurantes e, en xeral, o suministro de comidas e bebidas, e ao transporte de personas e dos seus equipaxes.

3º- Instar ao Goberno de España e ás Cortes Xerais a deseñar un sistema tributario xusto que permita establecer rebaixas selectivas de impostos para contribuir á dinamización da economía.

4º- Instar ao Goberno á inmediata negociación cos partidos políticos e asociacións máis representativas do ámbito local, da reforma conxunta do sistema de financiamento e do goberno local, que dote aos Entes Locais dun marco institucional, competencial e financeiro adecuado para facer fronte á difícil situación actual.

5º- Dar traslado destes acordos ao Presidente do Goberno, á Vicepresidenta Segunda e Ministra de Economía, ao Vicepresidente Terceiro e Ministro de Política Territorial, e aos Portavoces Parlamentarios das Cortes e do Parlamento de Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario