24 abr 2010

O BARCO PERDE 32.500 € PARA CREAR EMPREGO POR NON XUSTIFICAR DEBIDAMENTE AS AXUDAS


O Concello de O Barco terá que devolver 32.500 € por no ser capaz de investilos no fomento do emprego e atoparse indebidamente xustificados. A Consellería de Traballo ven de solicitarlle o reintegro de distintas subvencións que foran outorgadas ao abeiro dos programas de cooperación 2007-2008, “debido ao incumprimento das condicións previstas, afectando concretamente aos requisitos de xustificación íntegra das axudas”.

A cantidade total de 32.500 € íase destinar a postos de traballo de animadores socio-educativos, técnicos de medio ambiente, auxiliares de axuda a domicilio, técnicos de avaliación e prevención de riscos, brigada de electricidade, grupo municipal de mantemento e conservación urbana e medioambiental, xunto a outras categorías profesionais.

"Isto é unha mostra máis da incapacidade dun goberno socialista que, nun contexto de crise e dificultades económicas e con unhas cifras alarmantes de paro, permítese “o luxo” de ter que devolver 32.500 € que tería que haber destinado para o fomento do emprego”.

“ E namentres en O Barco 1.368 cidadáns están pasando por unha tráxica situación como é a perda do que más dignifica a unha persoa: o seu emprego, e o Concello desaproveita unha boa oportunidade para xerar postos de traballo para os nosos veciños”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario