19 nov 2009

O BARCO E POLONIA NA DEPUTACIÓN DE OURENSE

O pasado martes tiven a honra de recibir a un grupo de alumnos do Barco acompañados de estudantes dun instituto de Polonia. O programa de intercambio está organizado polo IES Martaguisela, o que fixo posible que unha vintena de alumnos de ensino medio de Polonia poidesen viaxar ata Ourense para realizar unha inmersión cultural, turística e docente sobre os aspectos característicos da nosa provincia.
Falamos cos visitantes, alumnos e profesores, dos “puntos de encontro” existentes entre Ourense e Polonia, entre os que se atopa o eido agroalimentario, a través dos proxectos sobre cultivo de pataca que desenvolve o Inorde conxuntamente con organismos agrícolas de Polonia; e tamén me referín á riqueza termal da nosa provincia, “un dos principais reclamos turísticos que temos en Ourense”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario