Onte sábado, xunto ao al alcalde de Esgos e Oimbra e acompañados do Vicepresidente do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Baltar mantivemos senllas reunións de traballo co Conselleiro de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio, Agustín Hernández.
Tamén se abordou na reunión a necesidade de realizar un plan comarcal de transporte, que permita corrixir as deficiencias nas liñas de transporte tanto en tren como en autobús que ten O Barco, e susbsanar as carencias que neste momento presenta a estación de autobuses barquense.
Ademais da prioridade inmediata das axudas para o abaratamento do solo industrial, trasladeille ao Conselleiro as necesidades existentes en infraestruturas como son a circunvalación(enlace da N-120 e N-536), que permita sacar ao tráfico pesado do centro da vila, e a urxencia de solicitar ante o Goberno do Estado que se axilicen os prazos para a execución da futura autovía A-76, así como a liña de Alta Velocidade entre Ponferrada e Monforte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario