Hoxe máis que nunca" son verbas de Manuel Baltar que xustificou a súa decisión nos dezasete anos de afiliación ao PP onde desempeñou, tanto a nivel provincial como autonómico, responsabilidades nos diferentes órganos desta forza política.
Manuel Baltar destacou catro palabras clave do seu proxecto: "humildade, Ourense, equipo e personas", un "reto personal" onde o centrismo, o reformismo, e, sobre todo, o galeguismo, serán referentes irrenunciables. O coordinador provincial do PP falou dun partido "máis acorde coas novas realidades sociais para facer unha forza política máis sólida e que asuma un esperanzador futuro común compartido". Manuel Baltar dixo que "non revisará o pasado" e que "empeza sólo, que non en soedade, este significativo paso personal e político". Engadíu que "pode vir quen queira e sumarse a este proxecto", pedindo "claridade e respecto".
O político ourensán saludará moi positivamente a presentación doutras candidaturas, amosándose disposto a debatir cos líderes das outras alternativas "tanto en público como en privado, por calquer medio" e presentar as súas propostas a tódalas xuntas locais do partido. Manuel Baltar explicou que a súa vocación era xa coñecida polos presidentes autonómico e provincial do partido, así como a "inmensa maioría" dos responsables das xuntas locais dos 92 concellos de Ourense.
Finalmente proclamou que "sólo existe unha posibilidade de que non presente a súa candidatura", concretandoa no feito de que o actual Presidente opte á reelección. Manuel Baltar xustificou este escenario dada a súa pertenza ao equipo de Baltar Pumar e a confianza no seu excelente liderado político.
No hay comentarios:
Publicar un comentario