21 oct 2009

O Alcalde de O Barco consinte o “maltrato presupostario” de Madrid

O portavoz do Partido Popular no Concello de O Barco, Moisés Blanco, afirma que o alcalde socialista, Alfredo García, consinte o maltrato presupostario ao que nos ten sometido o Goberno do Estado nas partidas presupostarias destinadas a Valdeorras”. Blanco critica que en lugar de estar unidas todas as forzas políticas “facendo unha fronte común para traballar polos intereses da comarca, o alcalde prefire mirar para outro lado e consentir que o Goberno socialista de Madrid siga ninguneando á nosa comarca nos investimentos”.

Moisés Blanco propón un traballo de “solidariedade política”, porque nestes momentos de crise “non podemos deixar pasar máis oportunidades para o crecemento e modernización da comarca, e por elo temos que ir todos da man defendendo as “siglas Valdeorras”, en lugar de seguir con loitas partidistas que en nada benefician aos nosos conveciños”.

Blanco pide a Alfredo García que contribúa a que O Barco “se afaste da marxinación histórica que os socialistas provocan coas partidas presupostarias que destinan á nosa comarca, uns cartos que nunca chegan e cando o fan chegan tarde e insuficientemente, alonxándonos do progreso e da modernización”.

O peor de todo isto, entende Moisés Blanco, “é a complicidade e o silencio do alcalde de O Barco neste abandono presupostario”. Aínda así, Blanco afirma que o Partido Popular de O Barco seguirá nese camiño de defensa dos intereses dos cidadáns, e para elo trasladaralle ó deputado ourensán en Madrid Celso Delgado “a urxente necesidade de presentar enmendas aos presupostos xerais do Estado para 2010 e a petición de que se axilicen os trámites para que os investimentos en Valedoras se incrementen e sexan reais e efectivos, polo ben de todos os valdeorreses”.

Actualmente existen tres proxectos de vital importancia para a comarca: a autovía A-76, o enlace da N-120 e N-536 e a Liña de Alta Velocidade entre Ponferrada-Valdeorras-Monforte. Tres proxectos que lamentablemente foron acumulando un retraso monumental no seu deseño, redacción e posterior execución

No hay comentarios:

Publicar un comentario