10 jun 2009

SATISFACTORIA ENTREVISTA CON EL SECRETARIO XERAL DE INDUSTRIA

O DIRECTOR XERAL DE INDUSTRIA PRESENTARÁ EN VALDEORRAS O PRIMEIRO PLAN DE APOIO AO SECTOR DA LOUSA

Así llo confirmou ao vicepresidente da Deputación de Ourense, Moisés Blanco, nunha entrevista á que asistiu tamén o vicepresidente do Parlamento, José Manuel Baltar, en Santiago.

O director xeral de Industria, Enerxía e Minas da Xunta de Galicia, Ángel Bernardo Tahoces, visitará a comarca de Valdeorras o vindeiro día 27 de xuño, para falar in situ do sector da lousa, visitando mesmo unha explotación mineira, e achegar compromisos concretos.Así llo confirmou o propio director xeral ao vicepresidente da Deputación de Ourense, Moisés Blanco, nunha entrevista celebrada hoxe en Santiago á que asistiu tamén o deputado e vicepresidente do Parlamento, José Manuel Baltar.

No encontro, Moisés Blanco expúxolle a Ángel Bernardo Tahoces a problemática do sector na comarca, da que o director xeral é profundamente coñecedor, xa que na pasada lexislatura fora voceiro do Grupo Parlamentario Popular en materia de industria.

Na entrevista falaron, entre outros temas, da presentación dun convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Asociación Galega de Pizarristas, así como da regularización das explotacións mineiras, sector estratéxico da comarca e da provincia. Este convenio contempla un compromiso financeiro para o sector de 580.000 euros que irán dirixidos fundamentalmente á promoción exterior e á mellora da súa imaxe a nivel nacional e internacional. Asemade Angel Bernardo dará conta das primeiras explotacións mineiras regularizadas consonte á nova lexislación mineira de Galicia.

Moisés Blanco valorou moi positivamente a axilidade –nos primeiros cincuenta días do goberno xa temos o primeiro plan de apoio ao sector- e receptividade do director xeral, materializada nesa próxima visita a Valdeorras e nos proxectos que vai ser quen de desenvolver dende o seu departamento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario