25 jun 2009

A DEPUTACIÓN DE OURENSE IMPULSARÁ NOS CONCELLOS POLÍTICAS MEDIOAMBIENTAIS E DE AFORRO ENERXÉTICO

(Ayer estuve en Madrid, en la IV Asamblea de la Red Española de Ciudades por el Clima, representando a la Diputación de Ourense. Por cierto , la única Diputación de Galicia. Esta es la nota de prensa que se envío a los medios de comunicación.)


A Deputación de Ourense vai impulsar proxectos medioambientais nos concellos da provincia, co obxectivo de promover políticas de aforro enerxético e a implantación da biomasa e da enerxía solar “para facer do noso entorno un ámbito sostible comprometido côas iniciativas de loita contra o cambio climático”. Así o afirmou hoxe o vicepresidente segundo la institución ourensá, Moisés Blanco, quen asistiu en Madrid, en representación da Deputación de Ourense, na “IV Asamblea da Rede Española de Cidades polo Clima”.

Moisés Blanco afirmou que o feito de que a Deputación de Ourense pertenza a esta Rede de sostenibilidade “permite que todos os concellos da provincia, sexan grandes ou pequenos, están representados e poderán desenvolver proxectos medioambientais, que favorecerán unha convivencia máis saudable para os seus veciños”.A Rede Española de Cidades polo Clima é a Sección da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) que aglutina ás cidades e pobos comprometidos co desenvolvemento sustentable e a protección do clima. O obxecto da Rede é converterse nun foro de intercambio de coñecementos e experiencias, así como nun instrumento de apoio técnico para os Gobernos Locais españois, ofrecéndolles ferramentas que lles permitan alcanzar un modelo de desenvolvemento sustentable.

O interese da Deputación de Ourense pola aplicación e desenvolvemento de políticas medioambientais ponse de manifesto nos proxectos que xa está a levar a cabo, por exemplo, no ámbito das enerxías renovables. Neste caso a institución provincial ten dúas instalacións fotovoltaicas sobre cuberta, unha cunha potencia 20 KW na nave de maquinaría do polígono de San Cibrao, e outra cunha potencia 30 Kw na nave do Servizo de Augas e medio Ambiente en Xinzo de Limia.

Así mesmo, estase a estudiar a instalación de centros de transformación de biomasa, e estase facendo un estudio en conxunto ca Universidade de Vigo sobre enerxía xeotérmica, para resolver os problemas de calefacción no edificio do Paco Paz, cun combinado de enerxía fotovoltaica e xeotérmica.Ademais destes proxectos, a Deputación deseñou e promoveu un proxecto, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, que en coma obxectivo xerar novos perfís profesionais, que proveñan de novas necesidades do mercado laboral. Este é o caso da situación do sector das enerxías renovables. A publicación e entrada en vigor do novo Código Técnico da Edificación (CTE), implica que todas as construcións realizadas, ou reformadas desde dita entrada en vigor, haxan de incluír a instación de enerxias térmicas e fotovoltaicas.Esta necesidade leva nova a unha demanda de man de obra. Neste caso, cualificada no este sector.

Por esta razón, o proxecto implica a cualificación de persoas, que na actualidade atópanse en situación de desemprego, e especialmente de mulleres (cuxa representatividade no sector da construción é desigual no noso mercado laboral), como “Técnicas de Enerxías Térmicas e Fotovoltaicas”. Con esta cualificación preténdese dotar ao mercado laboral que o demanda de montadores, mantedores e promotores de instalacións solares fotovoltaicas para a produción de enerxía eléctrica, tanto a instalacións conectadas en rede como a instalacións illadas sen sistemas de apoio.A Deputación porá en marcha os primeiros itinerarios formativos despois do verán. Até o momento desenvolveuse a fase administrativa e os necesarios contactos coas empresas do sector a fin de reformular o proxecto inicialmente presentado e que responda fielmente ás necesidades empresariais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario