5 jun 2009

REUNIÓN CON LA SECRETARIA XERAL DE TURISMO

Esta mañana, a las 11 horas, estuve en Santiago de Compostela para mantener la primera de las reuniones de trabajo con la Secretaria Xeral de Turismo, Carmen Pardo.

A continuación os dejo la nota de prensa que enviamos a los medios de comunicación a propósito de la entrevista.
O Deputado Provincial por Valdeorras e Portavoz do PP en O Barco reuniuse hoxe en Santiago coa Secretaria Xeral para o Turismo

Moisés Blanco mantivo hoxe unha xuntanza sobre asuntos relacionados co turismo na zona coa Secretaria Xeral para o Turismo da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia. No encontro abordáronse temas relacionados coa conservación e recuperación do patrimonio para usos turísticos, a Vía Nova e o Camiño de Inverno ou o proxecto de construción de novas infraestruturas turísticas.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2009.- A Secretaria Xeral para o Turismo, Carmen Pardo López, recibiu hoxe nas dependencias da Administración Turística galega ao deputado provincial e voceiro do Partido Popular no Concello de O Barco de Valdeorras, Moisés Blanco Paradelo.

A xuntanza, que foi solicitada polo voceiro do PP o mesmo día que Pardo tomou posesión como responsable de Turismo, serviu para abordar diferentes temas relacionados coa dinamización turística da zona así como coa posta en valor do Camiño de Inverno.

Durante o encontro, a Secretaria Xeral para o Turismo destacou a intención da administración autonómica de poñer en marcha un programa de dinamización de destinos turísticos e valorización das entidades locais, dirixido a aquelas que conten cun recurso turístico común, que teña potencial para ser posto en valor ou que precise revalorización, como é o caso de Valdeorras. Ambos coincidiron na necesidade de promocionar e impulsar a marca “VALDEORRAS”.

A Secretaria Xeral tamén manifestou a intención de Turismo de promover en toda Galicia a recuperación patrimonial e a rehabilitación dos recursos culturais para usos turísticos.

A respecto do Camiño de Inverno e da Vía Nova, Pardo quixo transmitirlle a Blanco que se trata dun traballo a máis longo prazo que se vai avaliar e potenciar.

Así mesmo, a respecto da proposta de creación dun acampamento ou albergue, a responsable de Turismo da Consellería de Cultura e Turismo explicou que este proxecto está en liña cos obxectivos de mellora e modernización das infraestruturas turísticas e de creación de oferta turística complementaria á oferta privada. Malia todo sinalou que cómpre ter en conta a este respecto os condicionantes urbanísticos do Concello e explicou que o alcalde pediu recentemente unha audiencia para falar coa Secretaria Xeral para o Turismo na que se volverán a abordar estes asuntos que, segundo manifestou, agarda que sexan do agrado e interese do goberno municipal.

O saír da reunión, Moisés Blanco, manifestou a súa satisfacción pola boa acollida que tiveran as propostas plantexadas ante a Secretaria Xeral, e agarda que este sexa o comezo dun tempo esperanzador para o desenvolvemento turístico e económico de Valdeorras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario