1 jun 2009

NOVA CONVOCATORIA DE BECAS INTERNACIONAIS PARA OS OURENSÁNS

Un total de 95 titulados universitarios participaron no programa de Bolsas Internacionais da Deputación de Ourense. Ábrese unha nova convocatoria, cuxo prazo remata o día 9 de xuño. Dende que se iniciou en 2008 o Programa Europeo de Bolsas Internacionais promovido pola Deputación Provincial de Ourense, 95 titulados universitarios xa tiveron oportunidade de participarnesta iniciativa configurada como unha política activa de emprego dirixida a mellorar a empregabilidade dos participantes na mesma.

A súa distribución por sexos reflicte unha maioritaria presenza feminina, neste sentido, o 70% son mulleres e só un 30% son homes. En canto á idade dos participantes repártese nun rango de 22 a 31 anos, aínda que o 70 está na franxa de24 a 27, a media de idade dos participante é de 25,5 anos. Dos 95 titulados universitarios que xa realizaron o Programa, 62 son ourensáns(destes 30 estudaron ademais no Campus de Ourense), outros 16 estudaron no Campus deOurense aínda que non son ourensáns e os 17 restantes non son ourensáns nin estudaron no noso Campus, o cal tamén resalta o interese espertado por este programaen titulados de todas as provincias galegas e ata doutras comunidades autónomas(Cataluña, Asturias, Canarias).

O pasado venres, na presentación do balance do programa, que tivo lugar no Centro Cultural da Deputación, o presidente da institución, José Luis Baltar, e o xefe de Servizo do Fomento do Emprego da Deputación, José Juan Cerdeira, anunciaron a apertura dunha nova convocatoria de bolsas internacionais. En concreto, no Boletín Oficial daProvincia do luns, 25 de maio, publicouse unha a nova convocatoria do programa cuxo prazo remata o próximo 9 de xuño. Esta convocatoria contempla 30 prazas e toda a información sobre a mesma pode atopase na web :http://becasinternacionales.depourense.es/

O Programa está cofinanciado por fondos europeos e o seu obxectivo é trasladar ao noso ámbito local as competencias da Unión Europea no fomento da mobilidadinternacional, promovendo un Espazo Europeo en materia de Educación e Formación Profesional. Este Plano persegue mellorar a cualificación dos titulados universitarios e facilitar a súa posterior inserción no mercado laboral, garantindo ademais aaprendizaxe avanzada dunha lingua estranxeira como idioma de traballo. José Luis Baltar dixo que a Deputación de Ourense “xa é a institución galegade referencia neste tipo de programas; somos e entidade co maior número de prazasofertadas de toda a comunidade autónoma e os que máis fondos europeos obtivemospara isto”. O titular da Deputación engadíu que temos que ser capaces de que o noso tecido produtivo “absorba e aproveite os recursos humanos que voltan das empresasdoutros países con novos coñecementos e cun gran dominio doutros idiomas”.O Programa ofrece un plano integrado de estancias e prácticas profesionais enempresas de países pertencentes á Unión Europea.

Poden ser beneficiarios do programaos titulados universitarios con coñecementos do idioma oficial dalgún país da UniónEuropea. O programa inclúe: billete de avión de ida e volta, curso de inmersión lingüísticano país de destino, organización de prácticas profesionais nunha empresaseleccionada en atención á titulación académica de o/a beneficiario/a, titorizaciónde estancias laborais no país de destino, aloxamento, axuda económica mensual de manutención, bono de transporte local, e seguro de enfermidade e accidentes. A duración media do período de estancia e práctica profesional financiado pola bolsaserá dun trimestre. Gran difusión do Programa Un dos aspectos máis importantes do Programa foi o interese da Deputación de Ourensena difusión do programa buscando que o maior número posible de titulados universitarios coñeza a oportunidade que lle brinda esta iniciativa da entidade provincial.

Para iso trazouse unha estratexia baseada nas novas tecnoloxías. A páxina web http://becasinternacionales.depourense.es/, exclusiva do programa,centraliza a información, e presta servizos asociados a este. A web permite, en primeiro lugar, rexistrarse a todos os potenciais interesados detal xeito que coa apertura de cada convocatoria, mediante a súa publicación no BOP,envíase un sms a todos aqueles titulados rexistrados, que así non teñen que estar permanentemente atentos ás datas de aperturas de convocatorias. Ademais, a través da web, todos os solicitante teñen a facilidade de tramitar a súasolicitude de forma telemática cando se abre o prazo de convocatoria.

No último trimestre contabilizáronse 3.583 usuarios nesta web, dos que 476 rexistráronse pararecibir información das convocatorias. Para rematar, unha vez que aos titulados universitarios se lles recoñece comobeneficiarios deste Programa, previamente á súa partida, deben depositar un aval.Este depósito tamén pode realizarse de xeito telemático a través dunha plataformade pago incluída na web. O número de titulados universitarios que presentaron a súa solicitude ao Programa elevouse a 248 no conxunto das catro convocatorias realizadas ata a data.
O Programa contempla a realización de probas de idiomas como procedemento selectivo ademais de asegurar un grado oportuno de manexo da lingua do país de destino dos 248 solicitantes, 171 presentáronse ás probas de idioma, podendo facelo a un oumáis linguas; así 150 presentáronse a inglés, 31 a francés, 25 a italiano e 11 a alemán. Os catro idiomas dos que se poden examinar os solicitantes. Presenza en 9 paísesO Programa permitiu a presenza dos titulados universitarios ourensáns en empresas de9 países diferentes. O país que máis beneficiarios do programa recibiu foi Portugalcon 22 titulados, dos cales 18 estiveron en Lisboa. Os demais países e cidades de destino ordenadas polo número de beneficiarios doPrograma foron: 13 en República Checa (Praga), 11 en Italia (Florencia e Roma), 10en Francia (Lyon e Amiens), 9 en Alemaña (Berlín), 9 en Polonia (Cracovia), 8 enReino Unido (Belfast), 7 en Austria (Viena) e 6 en Irlanda *Dublín). Entre todos os 95 titulados universitarios que xa realizaron o Programa suman 32titulacións universitarias distintas, sendo as máis numerosas as de turismo, empresariais e enxeñería. Do total de titulados, 53 son diplomados universitarios e 42 son licenciados, arquitectos ou enxeñeiros .

No hay comentarios:

Publicar un comentario