6 feb 2009

LUIS CARRERA RETIRADO DE LA CANDIDATURA POPULAR POR OURENSE




  • DECLARACIÓN DE ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO

Hai apenas 24 horas tiven coñecemento de algo que por suposto descoñecía ata ese momento, e comparezo de inmediato para comunicar a miña decisión respecto a este feito.Tiven coñecemento de que Luís Carrera non estaba plenamente ao corrente coa Facenda pública, algo que descoñecía no momento de incluílo nas listas do partido, e por iso, agora que o sei, comunico a miña decisión de apartalo da candidatura porque esta non é a conducta que desexo nin para o meu partido nin para o próximo Goberno de Galicia.El xa sabe esta decisión, que lla comuniquei esta mesma mañá e entendeuno inmediatamente. Polo que me dixo, a súa conducta está subsanada e ingresada na facenda a cantidade pendienteA súa situación pode ser legal, pero non representa a conducta que desexo para a rexeneración democrática de Galicia.Pode que haxa candidatos que se sintan cómodos:.Abanderando un concurso eólico millonario con todas as sospeitas de ilegalidade.Empregando 7 m€ do diñeiro de todos os galegos en luxos absurdos como coches, despachos, butacas, mesas ou salasEsta mesma mañá dixen que o señor Touriño debería cesar ao seu Conselleiro de Presidencia por este despilfarro. Eu predico co exemploCando suceden este tipo de situacións, para eles non pasa nada. Para min si que pasaEstou convencido de que é necesario un proceso de rexeneración democrática tanto entre os políticos como entre as institucións e por iso non me tremeu o pulso en tomar esta decisiónEu me presento a estas eleccións para que Galicia se recupere desta mala situación na que está, e me presento cun programa e cun equipo. O mellor programa e o mellor equipo, e nese equipo non caben este tipo de comportamentosNon o acepto nin me vou identificar nin vou permitir que se identifique ao meu partido con este comportamentoCometín un erro por descoñecemento; e despois de coñecelo, corrixo ese erro.Creo que é o comportamento que se espera dun político responsable, e creo que é así como se debe reaccionar: con rapidez e con transparencia. É o que esperan os cidadáns dun Presidente que quere ser de todos os galegos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario