25 feb 2010

OS MÚSICOS DE O BARCO DISPORÁN DE EQUIPAMENTO PARA O FUTURO LOCAL DE ENSAIO

· O portavoz do PP en O Barco, Moisés Blanco, acadou o compromiso do director xeral de Xuventude para que a Xunta apoie aos grupos musicais locais

· Blanco critica “a incapacidade política” do alcalde socialista “que en catro anos non foi quen de facer realidade o local de ensaio”

“Por fin logramos que un goberno se tome en serio as inquedanzas culturais da xuventude de O Barco”. Así se manifesta Moisés Blanco, portavoz do Partido Popular no Concello de O Barco, logo de acadar do director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, o compromiso de que a Xunta de Galicia vai apoiar aos xóvenes músicos e a os grupos locais de O Barco para que poidan ter unhas instalacións e equipamentos dignos para desenvolver a súa actividade musical.

Na reunión que Blanco mantivo co alto cargo da xunta, o director xeral de Xuventude comprometeuse a poñer en marcha axudas encamiñadas á adquisición de equipamento e material diverso (equipos e instrumentos musicais) para o acondicionamento do futuro local de ensaio, proxecto que se enmarca dentro da Rede galega de Locais de Ensaio.

Moisés Blanco afirma que a situación económica herdada do bipartito non é boa, “e por tanto nestes momentos é complicadísimo acometer obras de nova construción por culpa de que o alcalde de O Barco demostrou a súa incapacidade política para conseguir esta infraestrutura co goberno bipartito, mentres que homólogos do seu partido, como o de Ribadavia ou o de Carballiño si presentaron senllos proxectos”.

Blanco sinala que cando Ovidio Rodeiro chegou ao seu departamento “non existía ningún proxecto nin proposta para o Concello de O Barco, mentres que para outros concellos socialistas si. Que deixe de botarlle sempre a culpa aos demais”.

O portavoz do PP en O Barco critica tamén o “cinismo político do BNG” afirmando que hai uns días “estiveron en O Barco defendendo a necesidade que dotar á comarca dun local de ensaio para músicos, “cando tiveron tempo de abondo para facelo cando gobernaban e tiñan á Dirección Xeral de Xuventude baixo a súa competencia”.

“Por aquí viñeron Tareixa Paz e outros cargos locais e comarcais do BNG a vender fume, pero hai que lembrarlles que se esqueceron de Valdeorras durante case catro anos, aínda que non olvidaron até o último día seguir facendo a súa política partidista e sectaria”, di Moisés Blanco, e engade como exemplo que unha vez celebradas as eleccións autonómicas, o 15 de abril, “asinaron a toda presa un convenio co Concello de Allariz para a construción dun local de ensaios. ¿Por qué non se acordaron nese intre de O Barco?

Por outra banda, na súa condición de vicepresidente da Deputación de Ourense, e responsable da área de deporte de xuventude, Moisés Blanco acordou co director xeral de Xuventude levar a cabo actividades coordinadas entre o departamento da Xunta e a Deputación provincial, que se concretarán nunha serie de actuacións dirixidas ao fomento cultural, de ocio e musicais no ámbito da xuventude, as cales comezará na desenvolverse nos próximos meses.

No hay comentarios:

Publicar un comentario