15 feb 2010

A DEPUTACIÓN AMPLÍA A SÚA COLABORACIÓN CO INSTITUTO DE ESTUDIOS VALDEORRESES

A deputación provincial de Ourense ampliará a súa liña de cooperación co Instituto de Estudios Valdeorreses (IEV), co gallo de afondar en diferentes iniciativas de carácter cultural nesta comarca da nosa provincia.

Deste xeito, próximamente, a Deputación publicará o libro “Valdeorras pueblo a pueblo”, do que é autor o investigador Antonio Castro Voces, ademáis de axudar económicamente na realización da XIII Semana da Historia, que se celebrará do 22 ao 26 de febreiro e abordará o papel de Valdeorras no Camiño de Santiago.

A medio prazo plantéxase a realización dunha exposición sobre documentos mercantís de industrias e comercios de Valdeorras dos séculos XIX e XX, xunto coa redacción dun convenio estable de colaboración entre a Deputación e mailo IEV, que terá como obxectivo promocionar aos artistas valdeorreses, organizar exposicións e acometer novas publicacións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario