6 abr 2009

MAÑÁ VOUME PARA TURÍN

Hoxe pola mañá, dende o Centro Cultural da Deputación de ofrecimos unha rolda de prensa para dar a coñecer a participación da Deputación de Ourense nun encontro que se celebrará en Turín no que se debatirá sobre as políticas de cohesión territorial europeas.
A continuación expoño a reseña da noticia que se publicou na web da Deputación de Ourense.
O Vicepresidente da Deputación, Moisés Blanco, participará en representación da institución provincial nunha reunión a celebrar en Turín (Italia) o día 8, para abordar a política rexional da Comisión Europea e diferentes asuntos no ámbito da cohesión territorial.
Neste senso, a Deputación de Ourense estará nun foro no que por España unicamente estará a Deputación Foral de Guipúzcoa e no que se plantexará a necesidade de ter en conta novos criterios á hora de distribuir os fondos europeos.

Dende a Deputación de Ourense plantexase que hai que ter en conta criterios coma o envellecemento da población, a dispersión poboacional ou, incluso, o despoboamento.
O vicepresidente da Deputación explicou aos medios de comunicación que ademais de haber desequilibrios territoriais entre os diferentes países ou comunidades, “incluso dentro dunha mesMa comunidade hai grandes desequilibrios territoriais” poñendo como exemplo as diferencias entre a Galicia costeira e a do interior..

Desta maneira, unha das cuestións que se plantexa é que os fondos europeos poidan distribuirse empregando incluso outros criterios xeográficos e se faga por provincias en lugar de por Comunidades Autónomas.

1 comentario:

  1. ABC
    http://www.abc.es/20090407/galicia-galicia/ciudad-aurea-busca-nuevos-20090407.html

    LA REGION
    http://www.laregion.es/noticia/86891/ourense/foro/europeo/partenalia/reparto/fondos/europeos/criterios/provinciales/mois%C3%A9s/blanco/

    LA VOZ DE GALICIA
    http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2009/04/07/0003_7639571.htm

    ResponderEliminar