30 ene 2011

A DEPUTACIÓN ACONDICIONA 9 ESTRADAS E CAMIÑOS EN O BARCO

A Deputación provincial de Ourense, dentro do programa de colaboración e servizos que presta aos concellos da provincia de Ourense, vai levar a cabo traballos de acondicionamento e mellora referidos á limpeza de maleza en nove estradas e camiños do municipio de O Barco de Valdeorras.

En concreto as vías que serán melloradas en virtude deste programa son as estradas a Xagoaza e O Mosteiro; Forcadela e zona do heliorto de Vilanova; Entoma ata A Veiga de Cascallá; Millarouso-Raxoá-Alixo; Soulecín-Santigoso; Castro e Vilariño; a estrada que vai desde Santiagoso a Santa Mariña, Fervenza, Cesures, Vales, a Raña e Viloira, e o camiño de Vilobal e O Serro.

Para levar a cabo esta actuación a Deputación de Ourense e o Concello de O Barco asinaron un convenio de colaboración, segundo o cal a Deputación realizará os traballos de rozado da maleza, que se prolongarán ata o vindeiro 3 de marzo, e tamén corre por conta da institución provincial o pagamento dos seguros da maquinaria utilizada; o mantemento da maquinaria e dun vehículo auxiliar; o pagamento do traballadores: dous maquinistas e un sinalista. Pola súa banda o concello asumirá o custe do combustible.

No hay comentarios:

Publicar un comentario