Onte na igrexa de Santa Rita, volvéronse a xuntar varios colexios da zona para participar no Festival de Panxoliñas que organiza desde fai varios anos o Orfeón Valdeorres.
Nesta ocasión estiveron (por orde de actuación) o colexio Divina Pastora de O Barco, o colexio de Rubiá, o Ramón Otero Pedrayo de Viloira e o Julio Gurriarán tamén de O Barco.
Noraboa a todos os nenos e nenas que nos fixeron pasar uns momentos moi entrañables.
No hay comentarios:
Publicar un comentario