28 dic 2010

O MAIOR ENVELENAMENTO EN ESPAÑA...

O Centro Cultural da Deputación de Ourense encheuse onte para escoitar ao xornalista Fernando Rodríguez Méndez nunha conferencia organizada polo Instituto Ourensán de Estudos Sociais e Políticos “Atlántida”.

O luns, 27 de decembro, cumpríronse exactamente 43 anos do final do maior proceso xudicial realizado ata entón en España, o “Xuízo do Metílico”, unha instrución que levou a xuíces, fiscais, policía e peritos a investigar durante catro anos o que fora o maior envelenamento en masa acontecido en España, por mor da adulteración de bebida con alcohol metílico, co resultado de miles de mortos, segundo o fiscal do caso, aínda que, oficialmente, só se contabilizaron 51 falecementos e 9 persoas cegas.

Fernando fixo un entretido e riguroso repaso do acontecido no chamado "Caso do Metílico" na década dos anos 60, tendo o seu foco principal en Galicia, e de forma especial na provincia de Ourense.

De todo o que relatou quero lembrar a súa reflexión final na que pediu un recoñecemento social, xustiza social, unha homenaxe cidadá aos miles de afectados e as súas familias, posto que nunca se lles tivo en conta e nunca cobraron as indemnizacións que lles correspondían.

Como anunciou o propio Fernando hai un director de cine que está interesado na historia do Caso do Metílico,... ese sería un bo recoñecemento social!

NORABOA FERNANDO!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario