10 jun 2010

O CONCELLO DE O BARCO NON ENVÍA DATOS AO CONSELLO DE CONTAS PARA QUE FISCALICE AS CONTAS DO MUNICIPIO

O alcalde de O Barco, Alfredo García, rexeitou remitirlle ao Consello de Contas nos últimos cinco anos a documentación que se lle require. Parece importarlle pouco que o Consello de Contas de Galicia sexa o ente fiscalizador das contas e da xestión económico-financeira do sector público galego, entre os que se atopan os concellos.

No último informe, correspondente ao ano 2007, que vén de presentar o Consello de Contas sinálase que non pode fiscalizar os datos relativos o concello barquense porque simplemente no foron enviados na data límite para emitir dito informe, o 31 de decembro de 2008. Deste xeito, dos 34 concellos de Galicia correspondentes ao grupo dos que teñen entre 10.001 e 20.000 habitantes figuran tres na mesma situación: Vilanova de Arousa, Viveiro e O Barco.

Pero o máis grave para o noso concello e que esto converteuse nunha práctica habitual de Alfredo García, posto que aconteceu igual nos anos 2006, 2005 e 2004. É preciso remontarnos ao ano 2003 para atopar un informe do Consello de Contas de Galicia que fiscalice e analice os datos económicos do Concello do Barco en tempo e forma.Os datos do Consello de Contas refrendan o que leva denunciando o Partido Popular no que atinxe á “falta de respecto institucional” e o pouco valor que o alcalde lle presta aos entes fiscalizadores da nosa comunidade autónoma.

O certo é que o alcalde de O Barco converteu en algo habitual o que tería que ser unha excepción, e sen lugar a dubidas é un dos alcaldes galegos que máis informes desfavorables acumula. Así mesmo, leva presentado todos os orzamentos municipais fora de prazo e con reparos negativos dos servicios técnicos dos concellos. É o alcalde campión en informes desfavorables.

Esto volve a poñer de manifesto que o tema fiscal no Concello de O Barco é un auténtico descontrol o que deixa ás claras a nefasta xestión administrativa. Como exemplo poderíamos recordar que todavía está sen aprobar o orzamento para este ano, e que en abril pasado aprobou en solitario as contas xerais de 2006, 2007 e 2008, completamente fora de prazo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario