23 sept 2011

CHRISTIAN ESCUREDO CON SON DO SIL




Como todos sabéis Son do Sil está inmerso en la grabación de su primer CD, en el estudio que dirige Jesús Ronda Casado en Campo(Ponferrada).


El Cd tendrá 19 canciones y contará con varias colaboraciones de artistas locales. Una de ellas será con el cantante y actor barquense, Christian Escuredo, que nos acompañó el pasado martes. Todo un lujo, un gran profesional y mejor persona, al que le agradezco mucho su implicación.

CON PILAR FARJAS EN LA JUNTA DIRECTIVA PROVINCIAL


En la tarde de ayer, en la sede de Ourense, tuvimos una nueva reunión de la Junta Directiva Provincial en la que contamos con la participación de la Conselleira de Sanidade de la Xunta de Galicia, Pilar Farjas.


En su intervención dejó totalmente claro que se mantiene el Área Sanitaria de Valdeorras y que mejorarán sus servicios y la calidad asistencial, porque el centro de acción es el paciente.


También aseguró que desde la Gerencia del Hospital de O Barco se gestionarán todos los recursos humanos y materiales, aumentando sus competencias actuales ya que también se encargará de la gestión de los Centros de Salud del Área Sanitaria.

7 sept 2011

A XESTIÓN INTEGRADA MELLORARÁ A COORDINACIÓN ENTRE OS TRES HOSPITAIS E OS CENTROS DE SAÚDE DA PROVINCIA DE OURENSE

- A nova estrutura de xestión potenciará a mellora asistencial e oferta de especialidades nos hospitais comarcais e centros de saúde grazas ao traballo en rede

- O novo sistema prima as necesidades do paciente rompendo barreiras e trabas burocráticas entre centros, hospitais e comarcas

- Os centros de saúde de cada área pasarán a ser xestionados directamente desde as xerencias de Valdeorras e Verín aumentando a súa comunicación cos hospitais de referencia

- Coa aprobación do decreto de xestión integrada a sanidade pública de Ourense avanza en prol da coordinación primaria-especializada que se iniciou hai mais de 10 anos

Coa publicación no Diario Oficial de Galicia, o pasado día 5 de agosto, do Decreto 163/2011 no que se regula a estrutura organizativa de xestión integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, a provincia de Ourense avanza unha pegada mais no seu traballo de coordinación entre atención primaria e hospitalaria, na procura da continuidade asistencial.

Este proceso de integración ven sendo, desde hai mais dunha década, unha constante no Servizo Galego de Saúde –e na práctica totalidade de autonomías que integran o Sistema Nacional de Saúde- partindo da necesidade de centrar a atención no paciente, facilitando seu paso desde o centro de saúde e de aquí ao hospital ou viceversa, sen barreiras e co menor esforzo burocrático posible, co obxectivo último de que este non perciba atrancos no seu tratamento ou seguimento. Ofrecéndolle continuidade no seu tratamento indistintamente de onde llo presten.

Este decreto ven a desenvolver para a nosa provincia o 168/2010, no que xa se establecía este modelo a nivel autonómico, tamén recollido na vixente Lei de Saúde de Galicia (Lei 8/2008 do 10 de xullo) que permite pasar de xerencias de centros hospitalarios e de atención primaria, na práctica totalmente autónomos, a unha estrutura directiva e xestión integrada con responsabilidades executivas, conxuntas e coordinadas, mantendo o mapa actual de áreas sanitarias, dúas na nosa provincia: Ourense –que integra Verín- e Valdeorras.

Vantaxes asistencias do novo modelo
O obxectivo desta iniciativa do Servizo Galego de Saúde é superar un modelo de xestión por centros que, pese a ter os mesmos obxectivos e pacientes, traballan separados de xeito totalmente autárquico, e en ocasións illado, o que dificulta o transito de pacientes entre eles: do comarcal, ao hospital xeral, do xeral ao centro de saúde, etc.. coas conseguintes dificultades para o usuario, duplicidades e atrancos.

No caso de Ourense, unha das primeiras vantaxes vai a ser o desenvolvemento dos hospitais comarcais de Verín e Valdeorras, así coma a maior capacidade resolutiva e autonomía da Atención Primaria.

Mellorar a oferta de especialidades nos comarcais e centros de saúde
A modo de exemplo, tanto Verín como Valdeorras afrontaron durante anos dificultades facer crecer a súa oferta de servizo ou especialidades, e incluso para a cubrir as prazas de especialistas. Ademais, a competencia entre centros, de cara a contratación de profesionais, favorece aos centros de maior tamaño, onde estes facultativos contan de entrada con mais posibilidades de practica profesional, acceso a tecnoloxías e formación.

Co traballo en rede de todo o sistema público provincial, a Xestión Integrada de Ourense gañará poder de contratación e atractivo para os profesionais, xa que poderá ofrécerlle un amplo abano de áreas de traballo, sectores de poboación e variabilidade demográfica para desenvolver a súa práctica e carreira profesional.

Trátase de levar, ata onde sexa posible, o modelo de descentralización de recursos sanitarios. Proba delo, é o bo resultado e alto nivel de satisfacción, para profesionais e pacientes, de iniciativas como a posta en marcha de Unidades comarcais de Quimioterapia ou Diálise, nos hospitais de Verín e Valdeorras, o que evita que, os pacientes destas dúas áreas, teñan que desprazarse a Ourense para recibir un tratamento propio dun hospital xeral, grazas a coordinación e seguimento destas unidades por parte dos servizos de Oncoloxía e Nefroloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

A extensión deste ou doutros modelos, de coordinación entre centros, permitiría a ampliación de servizos e especialidades nos Hospitais Comarcais, atendendo directamente, desde o hospital de referencia, patoloxías cada vez mais comúns. Por exemplo, nas especialidades de cardioloxía, endocrinoloxía ou neuroloxía. Do mesmo xeito, desenvolvendo e ampliando capacidades da Atención Primaria en aspectos como Teledermatoloxía ou Cirurxía Menor.

Desenvolvemento e autonomía do profesional
Xunto as vantaxes deste sistema para o paciente, o profesional tamén se beneficiará da implementación da participación de todos na toma de decisións, mediante o uso da xestión clínica e da xestión por procesos, como ferramentas para evolucionar, desde un modelo xa superado, de organización por compartimentos, a outro transversal e horizontal. Deste xeito, garántese a equidade, a accesibilidade, a continuidade, e a calidade e seguridade da atención sanitaria en Ourense.

Ademais, grazas á xestión por procesos, asegúrase a transparencia e a autonomía de decisión dos pacientes, establecida na lexislación vixente; oriéntase a planificación dos procesos en torno aos problemas de saúde; e, así mesmo, posibilítase a utilización eficiente de todos os recursos sanitarios da provincia, mediante a promoción do traballo en equipo e a implicación dos profesionais na xestión.



Evitar prazos e trabas burocráticas
Despois dos beneficios asistenciais e profesionais, outras das principais vantaxes da xestión integrada é a eliminación de trabas burocráticas, así como axilización de procesos administrativos. A modo de exemplo, a actual compartimentación administrativa por centros obriga en Ourense a triplicar, ou cuadriplicar, expedientes de contratación de todo tipo de servizos desde a cafetería dun hospital, ata a seguridade, pasando polo gasoil ou alimentos, o que incrementa e ralentiza a xestión cotiá e resta competividade.

Ademais, delo o modelo de xestión integrada favorece a eficiencia dos recursos económicos, optimizando estes e mellorando a coordinación dos departamentos administrativos, integrando os existentes nunha única estrutura administrativa e de dirección, mantendo a presenza e capacidade executiva dos responsables directos de cada centro, como referencia a xestión do día a día.

Integrar equipos directivos e administración
O decreto de xestión integrada de Ourense contempla unha estrutura directiva composta por: Xerencia de xestión integrada; Dirección de procesos asistenciais, que inclúe as direccións de procesos de enfermaría; de procesos con ingreso, de procesos sen ingreso e urxencias, e dirección de procesos de soporte; Dirección de Recursos Económicos; Dirección de Recursos Humanos; e dúas Xerencias executivas: unha de referencia para a Área Sanitaria de Valdeorras, incluíndo os centros de saúde e o hospital comarcal, e outra para Verín; ademais dun órgano colexiado representado pola comisión de dirección.

Así, a Xerencia executiva do Barco de Valdeorras será a responsable de xestionar todos os servizos sanitarios -atención primaria, especializada e sociosanitaria- dos seguintes concellos: O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Manzaneda, Petín, A Pobra de Trives, A Rúa, Rubiá, A Veiga, Vilamartín de Valdeorras, e Viana do Bolo.

Pola súa parte, a Xerencia executiva de Verín será a responsable directa da xestión dos servizos sanitarios dos concellos de Castrelo do Val, Cualedro, A Gudiña, Laza, A Mezquita, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Vilardevós, e Vilariño de Conso.

Modelo vixente en diversas comunidades autónomas
As vantaxes desde sistema de xestión, segundo criterios técnico-asistenciais fai que o modelo de xestión integrada se este a aplicar en numerosas comunidades autónomas, gobernadas por partidos de todo o arco parlamentario, como nos servizos de saúde de Andalucía, Aragón, Asturias, Baleares, Canarias, Cataluña, Extremadura, Valencia, A Rioxa e Navarra, mentres outras están en proceso de implantación como agora Galicia.

4 sept 2011

EL CIRCO DE LA MARIPOSA

Hace unos días, con motivo de mi "vuelta al cole", tuve la oportunidad de descubrir El Circo de la Mariposa. Un maravilloso cortometraje cargado de valores tan positivos como la superación, el esfuerzo, el compañerismo, la esperanza y la dignidad humana...Está protagonizado por Eduardo Verástegui y el joven australiano Nick Vujicic, que nació sin brazos ni piernas. Disfrutad de esta bella y emotiva historia.


1 sept 2011

A SANIDADE O PRIMEIRO...A DEMAGOXIA AO FINAL!!

Esta tarde tivemos pleno en O Barco, e ademáis de outros asuntos, debatemos sobre o Decreto 163/2011 do 28 de xullo polo que se regula a estrutura organizativa de xestión integrada dos hospitais de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
Desde o Partido Popular presentamos a seguinte proposta que foi rexeitada por socialistas e nacionalistas:

Instar o Goberno Galego a:

1) Que se garanta o mantemento dos servicios asistenciais e se potencie a capacidade de resolución do Hospital de Valdeorras.

2) Que a xestión dos recursos de atención primaria e especializada da área sanitaria do Barco, se fagan dende a xerencia ejecutiva da área de Valdeorras.


3) Que se traballe en coordinación coa área sanitaria de Ourense para garantir os servicios asistenciais necesarios e para buscar fórmulas de xestión que permitan melloras en ambos Hospitais e dispositivos de atención primaria.

Co rexeitamento destes puntos púxose de manifesto que importa máis o criterio político e o engano que a verdadeira preocupación pola calidade asistencial dos nosos veciños e veciñas.