Esta tarde tivemos pleno en O Barco, e ademáis de outros asuntos, debatemos sobre o Decreto 163/2011 do 28 de xullo polo que se regula a estrutura organizativa de xestión integrada dos hospitais de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
Desde o Partido Popular presentamos a seguinte proposta que foi rexeitada por socialistas e nacionalistas:
Instar o Goberno Galego a:
1) Que se garanta o mantemento dos servicios asistenciais e se potencie a capacidade de resolución do Hospital de Valdeorras.
2) Que a xestión dos recursos de atención primaria e especializada da área sanitaria do Barco, se fagan dende a xerencia ejecutiva da área de Valdeorras.
3) Que se traballe en coordinación coa área sanitaria de Ourense para garantir os servicios asistenciais necesarios e para buscar fórmulas de xestión que permitan melloras en ambos Hospitais e dispositivos de atención primaria.
Co rexeitamento destes puntos púxose de manifesto que importa máis o criterio político e o engano que a verdadeira preocupación pola calidade asistencial dos nosos veciños e veciñas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario