26 feb 2011

CONVENCIÓN POPULAR DE JÓVENES OURENSANOS

O vicesecretario de Comunicación do Partido Popular, Esteban González Pons, clausurou a Convención de cargos menores de 45 anos do PP de Ourense, a cal reuniu a máis dun centenar de cargos públicos e orgánicos populares da provincia de Ourense. Na convención analizáronse temas como "A muller na política", "As inquedanzas actuais da mocidade" e "O protagonismo de Internet nas vindeiras eleccións municipais".O acto contou coa presenza do presidente provincial do PP de Ourense, Manuel Baltar.
Posteriormente, tivo lugar a reunión da Xunta Directiva Provincial do PP, á que foi convidado Esteban González Pons. Na reunión tratáronse temas relativos á organización e estratexias de cara ás vindeiras eleccións municipais do mes de maio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario