24 jun 2010

CONGRESO LOCAL EXTRAORDINARIO PP DE O BARCO

Según lo estipulado en el Reglamento del Congreso Local Extraordinario del Partido Popular de O Barco, que en su artículo 16º dispone las condiciones que se requieren para ser proclamado candidato a la presidencia del partido, ayer miércoles, a las 13:29h, en la sede provincial, formalicé mi candidatura. Y lo hice gracias al apoyo de 400 afiliados que han querido depositar su confianza en este ilusionante proyecto.

Fueron 400 avales, 400 cariños, 400 abrazos que, a cambio de su firma, esperan más rigor, dedicación, esfuerzo, ilusión y mucho mucho trabajo. A todos ellos, y desde lo más profundo de mi corazón: MUCHAS GRACIAS.
A continuación os dejo un enlace al documento en el que la Comisión Organizadora del Congreso publica la proclamación de mi candidatura en la web del http://www.ppou.es/

http://www.ppou.es/temas/ppou/CongresosLocais/congresosLocalesArchivos/Acta%20Barco%2023-06-10.pdf

10 jun 2010

O CONCELLO DE O BARCO NON ENVÍA DATOS AO CONSELLO DE CONTAS PARA QUE FISCALICE AS CONTAS DO MUNICIPIO

O alcalde de O Barco, Alfredo García, rexeitou remitirlle ao Consello de Contas nos últimos cinco anos a documentación que se lle require. Parece importarlle pouco que o Consello de Contas de Galicia sexa o ente fiscalizador das contas e da xestión económico-financeira do sector público galego, entre os que se atopan os concellos.

No último informe, correspondente ao ano 2007, que vén de presentar o Consello de Contas sinálase que non pode fiscalizar os datos relativos o concello barquense porque simplemente no foron enviados na data límite para emitir dito informe, o 31 de decembro de 2008. Deste xeito, dos 34 concellos de Galicia correspondentes ao grupo dos que teñen entre 10.001 e 20.000 habitantes figuran tres na mesma situación: Vilanova de Arousa, Viveiro e O Barco.

Pero o máis grave para o noso concello e que esto converteuse nunha práctica habitual de Alfredo García, posto que aconteceu igual nos anos 2006, 2005 e 2004. É preciso remontarnos ao ano 2003 para atopar un informe do Consello de Contas de Galicia que fiscalice e analice os datos económicos do Concello do Barco en tempo e forma.Os datos do Consello de Contas refrendan o que leva denunciando o Partido Popular no que atinxe á “falta de respecto institucional” e o pouco valor que o alcalde lle presta aos entes fiscalizadores da nosa comunidade autónoma.

O certo é que o alcalde de O Barco converteu en algo habitual o que tería que ser unha excepción, e sen lugar a dubidas é un dos alcaldes galegos que máis informes desfavorables acumula. Así mesmo, leva presentado todos os orzamentos municipais fora de prazo e con reparos negativos dos servicios técnicos dos concellos. É o alcalde campión en informes desfavorables.

Esto volve a poñer de manifesto que o tema fiscal no Concello de O Barco é un auténtico descontrol o que deixa ás claras a nefasta xestión administrativa. Como exemplo poderíamos recordar que todavía está sen aprobar o orzamento para este ano, e que en abril pasado aprobou en solitario as contas xerais de 2006, 2007 e 2008, completamente fora de prazo.

3 jun 2010

OS NENOS DA GARDERÍA MUNICIPAL DE O BARCO SOPORTAN TEMPERATURAS DE MÁIS DE 35 GRAOS

Desde o Partido Popular, queremos denunciar a “situación infrahumana” que están a padecer os nenos e nenas da gardería municipal de O Barco, que soportan nas instalacións temperaturas que chegan a superar os 35 graos. “A falta de ventilación e a elevada temperatura son dúas reivindicacións para as que os pais levan anos pedindo solucións, sen que ata o de agora se atendesen ás súas peticións”.

O certo é que os pais levan máis de 10 anos solicitando que as condicións de habitabilidade da gardería se melloren, debido a que cada ano, entre os meses de maio e setembro, os nenos teñen que soportar temperaturas extremas, superándose os 35 graos na zona común de xogo e os 26 graos nas aulas.

Nunha recente visita a gardería, (para comprobar in situ as deficiencias), constatamos que ademais da falta de ventilación nas aulas interiores, os nenos tamén tiveron que convivir, durante este pasado inverno, con numerosas goteiras producidas por varias filtracións na cuberta. O patio de xogo conta con catro equipos de aire acondicionado, que debido á súa extensión e á elevada temperatura que soporta directamente, vólvense inútiles, producíndose un gasto improductivo e por tanto innecesario, xa que terminan abrindo as fiestras en busca de ventilación.

Tanto é así, que todos os días, a partir das 11.00 horas, e dende a primavera até o outono, o patio de xogo común deixa de ser utilizado, dificultando o labor das educadoras á hora de poñer en práctica dinámicas de aprendizaxe ou xogos colectivos.

O certo é que o goberno municipal leva aprazando a reforma da gardería, “coa presentación de distintos proxectos que nunca terminan de concretarse. Sen embargo, pensando no benestar dos centenares de nenos e bebés que pola gardería pasaron, terían que atopar algunha solución dende hai xa tempo”.

O goberno municipal socialista de O Barco “tivo recentemente unha boa oportunidade a través do financiamento concedido aos concellos ao amparo do Plan E. Pero o alcalde non considerou prioritario resolver este grave problema e prefire seguir botando balóns fóra”.

O Partido Popular de O Barco urxe unha “solución inmediata” a este serio problema, que xa sería especialmente delicado se se referise a persoas adultas, “canto máis se pensamos en bebés e nenos menores de 3 anos soportando temperaturas de máis de 35 graos”.

2 jun 2010

TOTALMENTE BOCHORNOSO...

EL ALCALDE DE O BARCO UTILIZA LOS EMPLEADOS MUNICIPALES PARA HACERLE OPOSICIÓN A LA XUNTA DE GALICIA

En esta fotografía podéis observar como el alcalde de O Barco, en una actitud caciquil y totalmente censurable, utiliza los recursos humanos y materiales de todos los barquenses de forma partidista, sectaria y para hacer oposición.

Algunos trabajadores del concello dedicaron parte de su jornada laboral, al servicio del PSOE y de la Plataforma Sanitaria, para colocar varias pancartas en las que se invita a participar en la manifestación del próximo jueves.

Por otro lado, habría que recordar que el lema elegido, y la propia manifestación en si, carece de todo sentido tras la visita de la Conselleira de Sanidade el pasado viernes, en la que dejó perfectamente claro la permanencia del Área Sanitaria, el aumento de competencias y de la capacidad de gestión de la Gerente del Hospital de O Barco(tanto en personal como en suministros materiales).
Así mismo, dejó patente el compromiso de la Xunta con la dotación de un nuevo y moderno equipamiento, triplicando en un año la inversión que realizó el bipartito en los cuatro años anteriores.
Por eso, desde el PP de O Barco le pedimos a todos los vecinos y vecinas que no se dejen manipular con mentiras y engaños, que lo único que persiguen es utilizar algo tan sensible y tan importante como la atención sanitaria, como elemento de confrontación política.